Waste, lost and found in Balaídos
Fixemos esta obra de arte nas clases de Art de 2º e 3º con todo o material utilizado durante o curso. Queríamos reflexionar sobre todo o lixo que producimos no noso día a día e pensar en alternativas para reducir residuos!
Paseos na natureza
Coma actividades finais de curso (e tamén incluídas no noso programa Erasmus de actividades na natureza) fixemos varias saídas. Unha delas foi ao Monte Vixiador, onde todo o alumnado de Educación Infantil gozou dun gran día na natureza! O alumnado de 6º fixo un percorrido polo Lagares, identificando especies vexetais e animais.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A HUMOR AMARILLO
Posted Xuño 13th, 2023 by AnónimoO alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao Parque de aventuras "Humor Amarillo" no monte Alba.
Alí dividíronnos en equipos, de 14 nenos e nenas máis ou menos, co seu nome como grupo e baile da victoria! Pasaron por unha variedade de retos: loita de sumo, telaraña, rodillos, pelota xigante...
Pasáronno xenial!
Despois camiñamos un pouco para comer no Monte Cepudo, onde descansamos un ratiño e volvemos deixar voar a nosa imaxinación para seguir xogando e vivindo aventuras neste día tan especial.
Aquí deixamos unha mostra gráfica dalgúns momentos vividos:
VISITA AO VIGOZOO
Posted Xuño 12th, 2023 by AnónimoO alumnado de 2º de Educación Primaria visitou o Zoo de Vigo reforzando e ampliando os contidos traballados en ciencias dun xeito máis práctico e ameno.
A visita foi más alá da mera observación de animais, senón que os nenos e nenas comprendan a importancia desta institución en diferentes ámbitos como: en primeiro lugar, centro de acollida, refuxio de animais feridos, función de gran importancia pois proporciona un lugar digno onde vivir a animais sen fogar, que xa non é posible reintroducir na natureza,. como a tigresa que estaba nun circo e a que lle arrancaran as garras. Por outro lado, como centro de recuperación de especies amenazadas, como por exemplo: o programa de cría da tartaruga europea, unha das especies galegas máis amenazadas.
Aprendemos cousas tan interesantes como a diferencia entre un "cuerno" e unha "cuerna"; quen é a lider alfa na sociedade dos lémur...
Aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica da visita!!
Limpamos o Parque da Bouza
Con motivo do Día do Medio Ambiente, o alumnado de 4° recolleu lixo no parque da Bouza e tamén investigou sobre as instalacións e sobre o que precisa máis coidado e reparacións. Foi unha gran xornada coidando o medio ambiente!
Grazas á asociación As Da Bouza pola idea e o traballo conxunto.
Recollida de tapóns
Instalamos na entrada do colexio un contedor para que as familias que queiran colaborar co coidado do medioambiente deixen os seus tapóns de plástico, tamén os das merendas do cole. É unha maneira de concienciarnos do plástico que xeramos e de axudar a unha boa causa, xa que van destinados a Fundación Hogar de San José.
Action painting, creando con Jackson Pollock
Neste curso aprendemos sobre o artista Jackson Pollock e o action painting, polo que puxémonos mans á obra mentres escoitabamos música jazz para realizar os nosos cadros.
Creando con Keith Haring
Estamos coñecendo a figura de Keith Haring e as súas creacións, coas que o artista buscaba por riba de todo "facer a xente feliz" e polas que se fixo mundialmente coñecido. Fixemos as nosas interpretacións co noso corpo, con plastilina e tamén con diversos materiais. Ata elaboramos un sobre reciclado para poder levarnos a nosa arte a casa!
Creando retratos
Tocounos debuxar a un compañeiro ou compañeira de clase, usando diversos materiais. Aproveitamos tamén para practicar as descricións e presentalo a toda a clase!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »