In Arts... we can be artists!
E... para rematar o trimestre en Arts, aproveitamos o Día da Muller para traballar unha artista da nosa época: Yayoi Kusama.
Primeiro, a coñecimos e aprendimos que o máis característico da súa obra son os puntos que emprega.
Unha vez aprendido isto, comezamos as nosas obras de arte!
Para iso pintamos unhas flores:
E despois disto... as decoramos con pegatinas en forma de círculos, semellando as obras desta artista!
Pero... ademais diso, traballamos o Easter, e repasamos o vocabulario do corpo para facer estos marabillosos coelliños!
E ata aquí este trimestre en Arts no primeiro ciclo de Educación Primaria.
Que estará por vir o próximo trimestre?
Planetario para o alumnado de 2º Primaria
O alumando de segundo reforzou o aprendido no proxecto do espazo gracias a este planetario que veo ao noso cole!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A mestra Carmen leu poesías de Rosalía de Castro caracterizada como ela, Tamén cantamos moitas cancións.
DESFILE DE ENTROIDO
O pasado venres 16 de febreiro puidemos realizar o desfile de entroido, que de novo tivo lugar no exterior do cole, facendo un recorrido polo paseo do Lagares. O alumnado e o profesorado disfrutouno moito, esperamos que as familias tamén!
SAÍDA NEN@S DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL
Hoxe os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron unha saída ó monte do Castro.
In Arts we do... a lot of crafts!
Este trimestre en Arts no 1º ciclo de Educación Primaria fixemos moitísimas cousas, e sobre todo aprendimos moito!
Para comezar, traballamos un pouco o Winter e con el os seus animais, facendo un oso polar.
Tamén aprendimos o que eran os Snow Flakes (folerpas):
Despois, polo Día da Paz, fixemos un mural coas nosas mans!
Tamén celebramos o Entroido, facendo esta divertida manualidade con palliñas e acuarelas!
Grazas a nosa profe Carol aprendemos un pouco do Día de San Valentín e fixemos unhas postais para darllas ás nosas persoas máis queridas:
E por último (de momento!) traballamos a figura de Rosalía de Castro e aprendemos un pouco sobre a corrente artística do Pop Art! Mirade que ben nos quedou!
E ata aquí por agora... cantas cousas aprendimos e que ben o pasamos!
ENTROIDO EN BALAIDOS
Chega o entroido a Balaidos e con el, chega tamén o Meco.
E trae, como todos os anos, as súas ordes.
O LUNS, TODOS EN PIXAMA AO COLE!!!
O MARTES, UNLLAS PINTADAS!!
O MERCORES: ALGO NA TESTA!!!!
O XOVES: DISFRAZ LIBRE!!!!
ESCOLA DE FAMILIAS
Novas datas confirmadas da Escola de Familias.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »