25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 

25 NOVEMBRO:DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Este curso quixemos incidir, ademais das situacións de violencia explicita que todas e todos recoñecemos fácilmente, nas formas cotidianas de exercer a violencia en nenas e adolescentes que se asumen como normais na sociedade e que aínda hoxe en día acéptanse socialmente.Micromachismos que en moitos casos son igualmente violentos e perigosos.
 
Estas accións violentas as acompañamos de pictogramas para que a mensaxe chegue a todas e todos.
 

Neve no CEIP Balaidos

Chegou o frio, e o alumnado de segundo fixo neve!!!Pasámolo xenial na aula de polos creativos!

Neve no CEIP Balaidos

Visita a Naturnova

O alumnado de segundo foi a Naturnova para aprender sobre os seres vivos.

Visita a Naturnova

Visita de xogadores do equipo de baloncesto Iberconsa

O alumnado do primeiro ciclo recibiu a visita dalguns dos xogadores do Iberconsa Amfiv. Aprendimos mocito sobre a discapacidade fisica que quedamos abraiados do ben que xogan nas cadeiras de todas. Animámosvos a velos xogar un partido!

 

Visita de xogadores do equipo de baloncesto Iberconsa

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 24/25

Xa temos data para a nova Xornada de portas abertas, dirixida ao novo alumnado do próximo curso 2024/2025!!

Esperamos a vosa visita!!

BO NADAL A TODOS

Un ano máis desexámosvos unhas felices festas!

PROGRAMACIÓNS PRIMARIA

A continuación poden consultar as programacións dos diversos niveis de Educación Primaria. Clica no ciclo que necesites consultar.

 PRIMEIRO CICLO

SEGUNDO CICLO

TERCEIRO CICLO

CUARTO CICLO

QUINTO CICLO

SEXTO CICLO

VISITA AO MUSEO LISTE: "A VIDA DEBUXADA"

O venres 15 de decembro, o alumnado de 1º de Educación Primaria visitou o Museo Liste para participar na actividade: Mariano Marcos Abalo "A vida debuxada".

A actividade xirou en torno a figura de Mariano Marcos Abalo, debuxante, escritor, autor do célebre "Conxuro da queimada" recitado moitas veces en múltiples celebracións en toda Galicia. Os seus debuxos foron os protagonistas desta actividade.

A través de xogos, traballamos o recoñecemento dos oficios, identificación de pezas ou configuración de debuxos seguindo simples trazos ou acertixos.

Tamén creamos o noso propio Moucho.

Visita dos Reis Magos

Hoxe os nenos e nenas de infantil tiveron a visita dos Reis Magos de Oriente. Puideron falar con eles e pedir os agasallos desexados.

Os nenos e nenas de infantil foron a correos

Coma tódolos anos os nenos e nenas de infantil foron a correos para enviar a súa carta.

Distribuir contido

Back to top