Gallego

Cursos PLATEGA (2º e 3º trimestre)

Summary: 

Remate do prazo
Gallego

O próximo 12/12/13 remata o prazo para inscribirse nos cursos en rede do plan de formación do profesorado correspondentes ao segundo e terceiro trimestre do presente curso 2013/14 e que se realizarán en PLATEGA.

A inscrición nun curso en rede realízase do mesmo modo que para o resto do cursos do plan de formación, en www.edu.xunta.gal/fprofe.

Pódese filtrar a busca por “forma de participación / en rede”. Os criterios de admisión serán os que aparezan no plan anual.

 

Para consultas e inscricións en Fprofe, picar aquí.

Para máis información sobre PLATEGA, picar aquí.

PLATEGA
Teleformación Galega

Xornada de formación inicial do Plan Proxecta

Summary: 

Programas Quérote+, Parlamento Xove, Rede de Centros Escolares Solidarios, Correspondentes Xuvenís 3.0, Por 365 días de respecto e igualdade e Donas de si
Gallego
XORNADA DE FORMACIÓN INICIAL DO PLAN PROXECTA:
Programas Quérote+, Parlamento Xove, Rede de Centros Escolares Solidarios, Correspondentes Xuvenís 3.0, Por 365 días de respecto e igualdade e Donas de si

CIFP Politécnico de Santiago
30 de novembro de 2013 
proxecta formacion inicial

Resolución provisional 1º prazo convocatoria de proxectos de formación para profesorado de FP 2013-14 ( PFFP)

Summary: 

Resolución provisional de selección dos PFFP presentados no 1º prazo
Gallego

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección dos proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional presentados no primeiro prazo.Pódese consultar no arquivo adxunto.

PFFP_RESOLUCION

G1302007 III Xornadas de Innovación Educativa

Summary: 

DATA: 22 e 23 de novembro (EGAP) (Santiago de Compostela)
Gallego

G1302007 III XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

DATA: 22 e 23 de novembro (EGAP) (Santiago de Compostela)
 

Ten como obxectivo organizar un espazo de encontro que favoreza a reflexión e o debate sobre a innovación educativa, recoñecendo e difundindo experiencias innovadoras que se están a desenvolver nos nosos centros educativos co fin de que sexan un exemplo de boas prácticas, susceptibles de ser experimentadas de forma contextualizada por outros profesores e profesoras.

 

programa innovacion

G1302016: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"

Gallego

Data de celebración: 30 de novembro de 2013.

Lugar de celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Número de horas totais: 8.

Enlace a FPROFE: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014".

Data: 

30/11/2013

Sección: 

G1302016: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"

Summary: 

Xornada para conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2014.
Gallego

O Centro Sefarad-Israel, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organizan a Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" o sábado 30 de novembro de 2013, en Santiago de Compostela.

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".

O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2014. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

Data de celebración: 30 de novembro de 2013.

Lugar de celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Número de horas totais: 8.

Enlace a FPROFE: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"

Programa: Pode consultar o programa aquí.

O Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" foi financiado co apoio da Comisión Europea.

Imaxe: "Never Again" (http://www.flickr.com/photos/94403056@N00/374650161)

Memoria e Holocausto 2014
Logo europa

G1302012 Xornada ARBAX. Prevención do bullyng nas aulas

Summary: 

Teñen como obxectivo dar a coñecer aos profesores a ferramenta Schoolbullyng.eu
Gallego

Teñen como obxectivo dar a coñecer aos profesores a ferramenta Schoolbullyng.eu, videoxogo para a prevención do acoso escolar, para o seu uso nas aulas.

Data: sábado 9 de novembro
Lugar: EGAP

 

http://www.schoolbullying.eu/es/project

 

 

 

 

arbax

S1301023 O modelo experimental de FP dual en Galicia

Summary: 

O vindeiro día 18 de novembro dará comenzo o curso O modelo experimental de FP dual en Galicia
Gallego

Os  días 18  e 25 de novembro de 2013 celebrarase  o curso “O modelo experimental de FP dual en Galicia”

Este é un curso presencial , que se impartirá  nas aulas do  Centro Autonómico de Formación e Innovación , destinado ó profesorado de todas as familias profesionais  . O número de profesores asistentes será de 25, e a duración do curso será de 8 horas.

Os obxectivos  deste curso serán os de coñecer o marco normativo, a estrutura dos proxectos , e o plan de estudos  para un proxecto de FP dual.

enlace a Fprofe

 

fpdual

Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

Summary: 

Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Cultura, pola súa novela gráfica Ardalén, editada por Patito Editorial.
Gallego

Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Cultura, pola súa novela gráfica Ardalén, editada por PatitoEditorial.migueanxo

O autor, debuxante e guionista de cómic, ten publicado mais de 30 álbumes, traducudos a moitos idiomas. No eido da animación o seu traballo para a TVG como creador do personaxe principal do Xabarín Club e da súa posterior serie introduciulle no mundo da animación no que destaca a súa participación na serie norteamericana "Men in Black" producida por Steven Spielberg e a película De profundis.

Coma divulgador, Miguelanxo Prado ven sendo o director do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña, desde 1998.

ardalenArdalén, a obra premiada, recoñecida coma Mellor Obra de Autor Español do último Salón do Cómic de Barcelona, é, segundo o seu autor, “unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade.”

O xurado recoñeceu "o carácter poético da súa obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor".

Ligazón a un interesante vídeo da presentación do libro na librería Kómic, no que o autor fala da xénese da obra e describe o proceso creativo que sigue unha obra.

http://youtu.be/CtdlxZp7YBM

Miguel
Ardalen
Miguelanxo
Pedro e o lobo

S1301078 Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía

Summary: 

Actividade dirixida á todo o profesorado do ámbito científico-tecnolóxico
Gallego

S1301078 Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía.

 Data de comezo: 28/10/13

 Data de finalización: 10/12/13

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Nº de horas totais: 30 horas das cales 6 horas son para o deseño e planificación dunha actividade para levar á aula

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Enlace á  Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=397

Imaxe: Mañá do luns 28 de outubro de 2013 

Ubicación: http://www.meteogalicia.es/web/index.action

Data: 

28/10/2013 - 10/12/2013

Sección: