G1302016: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"

Xornada para conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2014.
Mar, 19/11/2013 - 09:53
Memoria e Holocausto 2014
Logo europa

O Centro Sefarad-Israel, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organizan a Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" o sábado 30 de novembro de 2013, en Santiago de Compostela.

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".

O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2014. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

Data de celebración: 30 de novembro de 2013.

Lugar de celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Número de horas totais: 8.

Enlace a FPROFE: Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"

Programa: Pode consultar o programa aquí.

O Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" foi financiado co apoio da Comisión Europea.

Imaxe: "Never Again" (http://www.flickr.com/photos/94403056@N00/374650161)