Gallego

Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína

Summary: 

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego
Gallego

Información sobre axuda a Ucraina - Інформація про допомогу Україні

Podes descargar o PDF resumo facendo clic no ficheiro do final da páxina.

Toda a información nas seguintes ligazóns

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego

Normativa

Recursos

Equipamento TIC

PDF resumo facendo clic no ficheiro

Ucraína
Ucraína

G2101140 - Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores

Summary: 

Formación na rede de 25 horas de duración cunha visión sobre os espazos europeos innovadores.
Gallego

Este curso foi deseñado principalmente para se impartir dentro do proxecto Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (Design FILS), financiado polo programa Erasmus+ KA2 (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) da Unión Europea. 

O seu obxectivo é formar o persoal educador de tal maneira que teña en conta os aspectos fundamentais relativos á transformación dos espazos de ensino e aprendizaxe e os cambios pedagóxicos e metodolóxicos inevitablemente asociados á devandita transformación.

A base teórica e metodolóxica do curso constitúea o documento titulado Marco metodolóxico para a formación en aulas innovadoras, que se inspira en revisións recentes da bibliografía sobre a materia en que se analiza como crear e adaptar espazos de aprendizaxe co obxectivo de desenvolver metodoloxías didácticas innovadoras reforzadas pola tecnoloxía.

Obxectivos:

1.Comprender as características espaciais e integrar o espazo no ensino e na aprendizaxe.

2.Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa.

3.Poñer en valor a utilidade das ferramentas TIC na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe.

Contidos:

Módulo 1. Innovación nos espazos de aprendizaxe.

Módulo  2. Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (en adiante FILS).

Módulo  3. Aprendizaxe reforzada pola tecnoloxía en espazos FILS.

Módulo  4. Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos FILS.

Módulo 5. Aprendizaxe baseada en escenarios e establecemento de comunidades de práctica.

Modalidade:

Na rede.

Duración:

25 horas

Datas:

Do 25 de abril ao 7 de xuño

Observacións importantes:

O curso está completamente traducido á lingua galega,  a persoa participante pode atopar algún material de consulta (vídeo, web, etc) en lingua inglesa. A tarefa final (Escenario de Aprendizaxe) desenvolverase na plataforma  Novigado da European Schoolnet Academy. Esta plataforma facilitará a elaboración do produto dixital en inglés nuns sinxelos pasos. O escenario creado formarará parte dun gran repositorio europeo.

Aconsellamos posuir uns coñecementos básicos na lingua inglesa.

Información e inscrición en FProfe.

Páxina do proxecto Design FILS, podes seguir as publicacións nas nosas redes co #DESIGNFILS e nesta colección.

 

 

Espazos innovadores
Espazos innovadores

S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

Summary: 

Xornada formativa de 8 horas para traballar os e-téxtiles intelixentes.
Gallego

 

Forma de participación:

Presencial

Modalidade:

Xornadas

Número de horas:

8 horas

 

Horario:

  • Día 1: 20/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 1 (presencial): E-téxtiles e educación. Aprender a construír un circuíto e experimentar con novos materiais.

 

  • Día 2: 21/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 2 (presencial): Explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles (IOT).

Relatora:

Paola Guimeráns

Localización:

Aula Nova CAFI

Téxtiles intelixentes
S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

S2102037 Programación e impresión 3D con Blockscad

Summary: 

Curso presencial nas instalacións do CAFI
Impartido por: María del Carmen Núñez Faraldo. Para máis información consultar FPROFE.
Duración: 12 horas Datas: 10, 17, e 24 de febreiro e 3 de marzo de 17-20h.
Gallego

- Introducción ao modelado con Blosckscad.
- Funcións e secuencias con Blockscad.
- Variables, funcións con parámetros.
- Deseños básicos e avanzados.

Blockscad
Curso S2102037 Programación e impresión 3D con Blockscad

S2101061 Dinamización de proxectos educativos a través das redes sociais

Summary: 

Curso presencial para desenvolver un plan de dinamización e achegarse as publicacións en redes sociais nos centros educativos.
Gallego

Modalidade:

Curso presencial

Duración:

20 horas

Datas:

Do 15 ao 29 de marzo.

Horario:

De 16,30 a 20,30 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación

(Santiago de Composterla)

Sesións de traballo:

  • Sesión 1 - 15 de marzo (presencial): Aspectos legais.
  • Sesión 2 - 18 de marzo (presencial): Fundamentos para o deseño e a implantación dun Plan de Dinamización de Redes Sociais.
  • Sesión 3 - 22 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Facebook.
  • Sesión 4 - 28 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Instagram.
  • Sesión 5 - 29 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Twitter.

Relatora:

Elena Martínez Royo 

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2101061 Dinamización de proxectos educativos  a través das redes sociais
S2101061 Dinamización de proxectos educativos a través das redes sociais

S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes

Summary: 

Curso presencial para novos docentes de Educación Infantil e Primaria
Gallego

Referencia do curso:

 S2102030

Datas: 

04/03/2022  

05/03/2022

Duración da actividade:

12 horas

 

Horario:

Venres:  de 16.00 a 20.00 horas

Sábado: de 10.00 a 14.00 horas

               de 16.00 a 20.00 horas

Localización: 

Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)

Aula Nova

 

Sesións de traballo:

  • Sesión 1 (presencial): As ferramentas do explorador científico. Exploramos o planeta Terra.
  • Sesión 2 (presencial): Exploramos o ceo.
  • Sesión 3 (presencial): Exploramos os seres vivos.

 

Relatores:

Patricia Barciela Lema (Domus de A Coruña)

José Viñas Dieguez (IES David Buján de Cambre)

 

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes
S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes

S2102028 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Summary: 

Curso presencial para desenvolver proxectos STEAM nas aulas de infantil.
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración destinado a docentes de Educación Infantil que desexen coñecer a cultura maker e implementar proxectos STEAM nas súas aulas.

Datas:

7, 9, 14 e 16 de febreiro

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela

 

Sesións da formación:

Sesión 1: Cultura maker en Educación Infantil. Presentación e manexo de diferentes robots para o traballo da robótica. Presentación e uso de diferentes xogos de mesa para traballar conceptos de programación.

Sesión 2: Emprego do Ozobot. Inicio da programación por bloques en Scratch.

Sesión 3: Emprego da placa Makey Makey e busca de xogos.

Sesión 4: Creación dun proxecto de aula para esta etapa educativa.

 

Relator:

Santiago Gil Castro

Máis información en FProfe co código da actividade.

Laboratorio robótico en Infantil
Laboratorio robótico en Infantil

S2102043 - SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe

Summary: 

Curso Presencial: SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe
Gallego

Curso presencial nas instalacións do CAFI para:

1.Introducir as metodoloxías áxiles na aprendizaxe, tanto na aula como a súa aplicación ás técnicas de estudo e desenvolvemento de proxectos.

2.Potenciar a motivación e o respecto na aula con equipo colaborativos. Fomentar a iniciativa e emprendemento para a xestión de proxectos STEM/STEAM.

3.Desenvolver proxectos no ámbito STEM/STEAM en tempos reducidos.

Duración: 12 horas.

Impartido por:

Laura Fidalgo Fernández e por Pablo Paz-Trelles Sánchez.

Para máis información consultar FPROFE.

SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe
SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe

Video: 

S2102045 Tecnoloxía e creación maker

Summary: 

Actividade en formato videochamada con temáticas actuais relacionadas ca tecnoloxía e a cultura maker.
Gallego

 

Tecnoloxía e creación maker é unha actividade en formato xornadas educativas que desenvolverá ao longo do mes de novembro, esta será a segunda edición e conserva o formato na rede das primeiras.

Duración: 8 horas

Prazas: 50 

Destinatarios: Docentes galegos interesados/as en afondar nas tendencias innovadoras no campo tecnolóxico  e educativo.

 

Programa da xornadas virtuais:

Sesión 1: 05/112/2021 (17.00-19.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Patricia Heredia Gil (ValPat STEM) @pherediagil

Sesión 2: 12/11/2021 (17.00-19.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Luz Castro Pena (Facultade de Informática Universidade de A Coruña) @luz_castro

Sesión 3: 17/11/2021 (18.00-20.00 horas)

Tecnoloxía e creación maker con Margarita López Periago (IES Perdouro) @margaperi

Sesión 4: 26/11/2021 17.00-19.00 horas) 

Tecnoloxía e creación maker con Nuria Prieto Pinedo (CERT Universidade Carlos III) @nuria_imeq

 

Observacións:

Control de asistencia por informe de conexións.

Inscricións en FProfe co código da actividade. 

 

tecnoloxía e creación maker

G2102022-Xuvenciencia. Aprender facendo.

Summary: 

Actividade formativa para aplicar a investigación científica.
Gallego

 

Destinatarios: Profesorado de ensino secundario e de formación profesional

Especialidades: Todas

Modalidade: curso presencial (7h) e sesión telemática de presentación de resultados (1 h)

Número de horas: 8 h docencia

Prazas: 20

 

Organización:

Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es Web: www.usc.es/xuvenciencia

Horario:

• Sesión 1 (presencial, 3,5 h): 22 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Wajih Al-Soufi e Ana Losada.

• Sesión 2 (presencial, 3,5 h): 29 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Marta López e Mercedes Novo.

• Sesión 3 (videoconferencia, 1h): 10 de outubro de 2021 (mércores), 18-19 h. Marta López.

Obxectivos:

 Obxectivo xeral: crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.

 Obxectivos específicos:  Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.

Programa

Sesión 1:

Intordución

Actividade 1 – Dedesño do experimento. Coñecemento previo, busca bibliográfica. Hipótese previa. Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática. Plan de traballo, datos necesarios.

Activiade 2 – Experimentación. Montaxe experimental / equipamento. A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades. OBRADOIRO: determinación dunha curva de calibrado para a determinación fotométrica da concentración.

Actividade 3 – Análise dos datos. (Follas de cálculo) Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades. Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración. A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas.

Sesión 2:

Obradoiro: Medidas de mostras problema segundo a hipótese proposta.

Actividade 4 – Análise dos datos. (Follas de cálculo). Táboas de resultados - Representación gráfica. Valores medios e erros. Diferencias significativas.

Activiade 5 – Interpretación e discusión de resultados. Comparación e interpretación dos resultados. Confirmación ou rexeitamento da hipótese Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados. Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións.

Actividade 6 – Comunicación de resultados. Comunicación mediante memoria ou artigo científico. Congresos: comunicación oral ou cartel científico. Uso de TICs (blog, redes sociais, etc.)

Sesión 3:

Actividade 7 – Presentación das comunicacións (carteis ou artigos científicos). Cada participante (ou grupo) presentará o traballo realizado mediante cartel ou comunicación oral ao resto do grupo (tempo máximo de 3 min)

 

Observacións:

A actividade terá lugar no CAFI e cada participante poderá traballar de xeito práctico cun kit individual.

É recomendable ter coñecementos co traballo con follas de cálculo e manexo de datos.

xuvenciencia