S2102028 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Curso presencial para desenvolver proxectos STEAM nas aulas de infantil.
Mar, 18/01/2022 - 11:57
Laboratorio robótico en Infantil
Laboratorio robótico en Infantil

Curso presencial de 12 horas de duración destinado a docentes de Educación Infantil que desexen coñecer a cultura maker e implementar proxectos STEAM nas súas aulas.

Datas:

7, 9, 14 e 16 de febreiro

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela

 

Sesións da formación:

Sesión 1: Cultura maker en Educación Infantil. Presentación e manexo de diferentes robots para o traballo da robótica. Presentación e uso de diferentes xogos de mesa para traballar conceptos de programación.

Sesión 2: Emprego do Ozobot. Inicio da programación por bloques en Scratch.

Sesión 3: Emprego da placa Makey Makey e busca de xogos.

Sesión 4: Creación dun proxecto de aula para esta etapa educativa.

 

Relator:

Santiago Gil Castro

Máis información en FProfe co código da actividade.