Gallego

National Gallery of Art

National Gallery of Art: ligazón para acceder a un tour virtual pola Galería. 

Gallego
National Gallery of Art

MUPEGA - Museo Pedagóxico de Galicia

Gallego
MUPEGA

Museo Nacional Arqueolóxico de Atenas

Museo Nacional Arqueolóxico de Atenasligazón para acceder á colección do museo. 

Gallego
Museo Arqueolóxico de Atenas

Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galegoligazón para acceder aos materiais e recursos do museo. 

Gallego
Museo do Pobo Galego

Cursos de formación aberta en Platega

Summary: 

O CAFI pon a disposición do profesorado unha sección de formación aberta na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA)
Gallego

Desde hoxe o CAFI pon a disposición do profesorado galego unha serie de cursos de formación aberta na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA) que polo seu contido, relacionado co manexo de ferramentas dixitais e as metodoloxías para o seu aproveitamento, poderán servir de axuda no desenvolvemento do traballo docente.

Estes cursos, que incluirán só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos Platega.

Como acceder?

1. Accede directamente á categoría de Formación aberta en Platega na seguinte ligazón

Introduce o teu usuario e contrasinal da conta edu.xunta.gal

Exemplo: coa conta usuarioplatega @ edu.xunta.gal sería

Usuario: usuarioplatega

Contrasinal: xxxxx

Ou, se xa estás en Platega, podes escribir na caixa de busca de cursos as palabras "formación aberta

2. Escolle na listaxe o curso ao que queiras acceder e fai clic no seu título.

3. Fai clic en “Matricúlame

Para calquera consulta en relación coa formación aberta podes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

Data: 

03/04/2020 - 31/08/2020

Lugar: 

Na Rede (Platega)

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Summary: 

Servizos e recursos cos que pode contar o profesorado para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado galego un documento que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?

  • Como podo levar a cabo o ensino a distancia? En canto a este primeiro aspecto, proporciónanse unhas directrices básicas para a planificación e estrutura das xornadas do alumnado e as familias que pasan por tomar decisións a nivel de claustro, de ser posible, para non saturar ao alumnado e para non duplicar esforzos. Ademais, cómpre formular uns obxectivos claros, deseñar tarefas axeitadas e acompañar ao alumnado, dándolle feedback personalizado e establecendo estratexias para manter a súa motivación. No documento ofrécese tamén unha proposta de organización e estrutura dunha xornada na Rede.
     
  • De que ferramentas dispoño? As dúas seccións incluídas neste apartado ofrecen un abano de espazos virtuais así como ferramentas específicas para favorecer a comunicación entre os propios claustros e co alumnado, ademais de axudar a compartir ou crear materiais, fomentar a interacción e proporcionar retroalimentación. Alén das ferramentas institucionais, sinálanse outras aplicacións ou recursos libres ou gratuítos.
     
  • Onde podo atopar axuda? O persoal asesor faise dispoñible para proporcionar orientacións para o desenvolvemento da educación a distancia e resolver dúbidas sobre o emprego de ferramentas ou aplicacións. Pódese contactar co mesmo a través do enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

Data: 

18/03/2020 - 31/08/2020

Museo Thyssen-Bornemisza

Museo Thyssen-Bornemisza: ligazón para acceder a unha visita virutal do museo. 

Gallego
Museo Thyssen-Bornemisza