UDC. Ferramentas Tecnolóxicas para Docentes
Enviado por pedrolado a Mér, 21/04/2021 - 20:23Summary:
Summary:
Summary:
Como ben sabemos, este último ano foi un constante reto a moitos niveis, por suposto tamén no educativo. As tecnoloxías da información e da comunicación foron nalgúns casos unha axuda esporádica e improvisada, pero en moitos outros foron integradas no ensino, converténdose en aliadas para sempre.
Ante esta situación de cambio:
Levaches a cabo nunha contorna dixital ou híbrida metodoloxías nas que o alumnado é o protagonista da aprendizaxe?
Aproveitaches as posibilidades das ferramentas ou contidos dixitais como apoio a esas metodoloxías?
Empregas as TIC de xeito integrado na aula para fomentar nos rapaces e rapazas a curiosidade, a indagación, a creatividade ou o traballo en equipo?
Desenvolveches estratexias de comunicación efectivas co alumnado e coas familias?
Creaches contidos para a túa aula con ferramentas dixitais?
Se queres compartir a túa experiencia fronte a este importante reto co resto do profesorado convidámoste a que o fagas na xornada Educación Dixital 20-21.
Achega a información sobre a túa experiencia nesta ligazón (para cubrir o formulario debes identifícarte coa túa conta corporativa e premer en “matricúlame”)
De ser seleccionada, poderás presentala, ou ben a través dunha intervención por videoconferencia, ou formando parte dun panel de experiencias na xornada Educación Dixital que se celebrará o próximo 8 de maio a través da Rede.
O prazo para a achega de experiencias remata o día 15 de abril.
Anímate e participa!
Tamén podes asistir como participante. A inscrición xa está aberta en fprofe co código G2002140.
Se precisas facer algunha consulta respecto á achega de experiencias podes escribir ao enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal
Departamento de Educación Dixital do CAFI.
Áreas-CAFI:
Summary:
Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.
Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto.
Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.
A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:
· Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
· Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto
Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.
Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.
Summary:
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
1ª feira matemática na irreductible aldea do Couto.
Será os días 29, 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 3 de abril de 2021.
Organiza a Fundación Eduardo Pondal e colabora o CFR da Coruña.
Summary:
Hoxe día Internacional da Muller e da nena na Ciencia, presentouse no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o seu proxecto CANSAT.
Un CANSAT é unha simulación do lanzamento dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. Un dos requirimentos engadidos é cumprir cunha misión científica a realizar durante ese lanzamento. Todo o proceso realízao o alumnado amosando todas as súas comptencias clave.
Así dende o CFR de A Coruña, como membro colaborador, pudemos acompañalos no proceso de presentación do proxecto que retomaron do ano pasado para melloralo e obter mellores resultados que na anterior edición. Acompañamos ao grupo de 8 alumnos e alumnas cunha gran iniciativa e moitos intereses polo mundo científico. Un grupo moi motivado e con moita iniciativa que o ano pasado quedou nun segundo posto na fase rexional sen ter a sorte de poder voar o seu satélite. Polo que prometeron que nesta edición volven tentalo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardopondalponteceso/CanSat
Twitter: @pontesat
Instagram: @pontesat
Summary:
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.
Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas!
Summary:
Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:
Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.
Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.
O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.
Sección:
Summary:
Sección: