ADMISIÓN ALUMNADO 21/22 - Reserva de praza

O próximo 11 de xaneiro ábrese o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1ºESO no noso centro o vindeiro curso, coas seguintes particularidades:

  • A solicitude de reserva debe facela exclusivamente aquel alumnado que proveña dun dos catro centros adscritos ao noso e que esté cursando actualmente 6º de primaria.
  • Esta solicitude farase no centro de orixe, é dicir, no centro de primaria.
  • O prazo para facer a solicitude comprende entre o 11 de xaneiro e o 16 de febreiro.

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

Álbum: 2 Biblioteca -> 2020 12 Recital poético VIOLENCIA DE XÉNERO

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNERO

para o alumnado de 4º ESO

a cargo da artista MIRIAM FERRADÁNS

 

Lúns 21 de decembre ás 13 horas no IES Nº 1 da Estrada

 

 

Reparto de máscaras para o alumnado

A semana que entra (probablemente entre o martes 15 e o mércores 16) faremos o reparto de máscaras entre o alumnado beneficiario desta medida.

Máscaras para o alumnado

O venres 13 de novembro saíu publicada no DOG a Orde da Consellería de Educación pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. Os pasos a seguir para a súa solicitude son os seguintes:

  • Todo o alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar (cheque) no actual curso NON TEN QUE PRESENTAR NINGUNHA DOCUMENTACIÓN.
  • O alumnado que non recibiu a axuda, pero pertence a unha familia cunha renda igual ou inferior a 6.000€ ou presenta unha discapacidade igual ou superior ao 65%, TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO (Anexo I e II, da Orde)

Poden consultar a orde no seguinte enlace: ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

O PRAZO DE SOLICITUDE  REMATA O 27 DE NOVEMBRO.

O reparto de máscaras farase despois desa data.

Samaín Pandémico no IES Nº 1

Quen dixo medo?

Nestes tempos de pandemia, as actividades do IES Nº 1 van collendo rumbo, amodiño pero con paso firme. E o noso alumnado, coma sempre, responde ás nosas propostas con orixinalidade e creatividade.

Este vídeo recolle os vosos traballos. De seguro que vos vai encantar!

 

Parabéns a todos e graciñas por colaborar!

 

CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO XORNAL EL EMIGRADO

 Con motivo da conmemoración do centenario do xornal El Emigrado, publicado na Estrada por primeira vez o 15 de setembro de 1920,  a asociación cultural Vagalume  quixo celebrar unha homenaxe a esta publicación que, segundo sinalan desde a asociación, foi un dos acontecementos culturais máis decisivos do municipio e do país en xeral.

Enquisa Sociolingüística

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do  IES Nº1 da Estrada estamos a facer unha actualización da realidade sociolingüística do noso centro, e para iso precisamos da túa colaboración cumprimentando unha breve enquisa.  Grazas pola colaboración!

DÍA NON LECTIVO

O próximo martes 13 de outubro será NON LECTIVO no noso centro, tal e como nolo acaba de comunicar a Inspección Educativa. Deste xeito, a próxima semana serán días non lectivos o luns e o martes (12 e 13 de outubro).

CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

Para garantir o ensino a distancia e familiarizar ao alumnado coa contorna e coa metodoloxía de traballo na aula virtual, precisamos matricular ao alumnado de nova incorporación na aula virtual do centro. Para iso, requírese dunha conta de correo electrónico para cada usuario.

 Tendo en conta a idade dos seus fillos e fillas, teñen dúas opcións principais:

REUNIÓNS INFORMATIVAS COS PAIS E NAIS

Convócase aos pais e nais do noso alumnado a unha reunión co titor ou titora correspondente para trasladar información sobre as normas básicas de funcionamento do centro e o protocolo de adaptación ao contexto actual.

Faranse según o seguinte calendario:

  • 1º ESO: martes 29 de setembro ás 19:30 h.
  • 2º ESO: martes 29 de setembro ás 18:30 h.
  • 3º ESO: mércores 30 de setembro ás 18:30 h.
  • 4º ESO: mércores 30 de setembro ás 19:30 h.

As reunións faranse nas condicións de hixiene e protección requeridas pola situación actual. Haberá unha reunión por cada grupo en localizacións diferentes dentro do recinto escolar e serán, preferiblemente, no exterior. Asistirá un único proxenitor por alumno ou alumna. 

Medidas básicas e de seguridade sanitaria para o inicio de curso

  • Todo o alumnado e persoal do centro realizará a autoavaliación diaria que se adxunta antes de saír da casa para comprobar que non existen síntomas de infección por SARS-CoV-2 (febre maior de 37.5 ºC, tose seca, dificultade respiratoria...).

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Achégase a resolución da convocatoria en ficheiro adxunto.

As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Os solicitantes que non dispoñan de firma electrónica presentarán a solicitude, coa documentación requirida, no centro docente.

O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o 30 de setembro de 2020 inclusive. 

É moi importante asegurarse de que consten todas as sinaturas requiridas, xa que a falta de sinaturas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

CALENDARIO DE INICIO DO CURSO 20/21

Este curso, a incorporación do alumnado será gradual, seguindo o seguinte calendario de inicio do curso escolar:

  • Mércores, 23 de setembro: 1º e 2º ESO.

  • Xoves, 24 de setembro: 3º ESO.

  • Venres, 25 de setembro: 4º ESO.

O horario da xornada será o habitual, con inicio da xornada ás 8:45 horas e remate ás 14:25 horas.

O transporte escolar fará as rutas tamén no seu horario habitual. Téñase en conta que a empresa de transporte de viaxeiros "La Estradense" xa non cubre ningunha ruta, polo que nalgunhas rutas cambia a empresa que realiza o servizo.

REPARTO DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

 

Practicamente a totalidade do alumnado do centro recibirá libros do fondo solidario de libros de texto. A entrega de libros realizarase dende o xoves 10 ata o venres 17 en horario de 9 a 14 horas.

As normas que se van seguir son as seguintes:

 

  • alumnado levará os libros para a casa e manteraos alí durante todo o curso. Deberán traer a clase só os das materias do día.
  • Na casa revisaranse  e se algún dos libros se atopase moi deteriorado informarase ao centro para ver se se pode substituir.
  • Na primeira páxina do libro á esquerda aparecerá un selo donde se debe poñer o nome e apelidos do alumno/a e a data de recollida dos libros.

 

MATRÍCULA SETEMBRO 1º ESO

MATRÍCULA SETEMBRO 2º ESO

MATRÍCULA SETEMBRO 3ºESO

MATRÍCULA SETEMBRO 4ºESO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de martes a xoves en horario de 9:30 a 13:30 horas.

SETEMBRO CURSO 2019/20

Achegamos información das datas de exames, entrega de notas, devolución de libros do fondo solidario e matrícula de setembro.

Despedida de Chelo como directora do Coro dos IES

A profesora Chelo, xefa do departamento de Música do IES Losada Diéguez, e directora do Coro dese mesmo Centro, quere facernos chegar unas fermosas palabras de despedida, xa que este foi o seu último ano na Estrada.

Como sabedes, este curso aceptara a proposta que desde o Equipo da Biblioteca lle trasladaramos: a de formar un coro conxunto, con alumnos e alumnas dos dous centros, e mesmo con profesorado. Foron moitos os martes a mediodía que quedamos para os ensaios e, por desgraza, non se puideron levar a cabo toda unha serie de concertos que estaban programados, entre os que, para nós, destacaba a actuación na nosa Revista Viva.

Eu, Beatriz Quintela, como coordinadora da Biblioteca, trasladeille o agradecemento do IES Nº1 pola súa xenerosidade, xa que sempre se amosou moi receptiva a todas as nosas propostas, e sen dúbida todos e todas lembraredes a cantidade de veces que o Coro participou en diversas actividades.

Aquí deixamos a súa despedida...

 

Bo día!

Espero que tanto vós coma as vosas familias vos atopedes ben!

MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

  • A matrícula para o curso 20/21 farase por quendas nos primeiros días de xullo.
  • A devolución dos libros de texto do fondo solidario de 1º, 2º e 3º ESO farase por quendas no mesmo día que se entregue a documentación para a matrícula. O alumnado de 4º ESO fará a devolución os días 25 e 29 de xuño.
  • O alumnado de 4º ESO que titule recollerá o mesmo día que devolva os libros a certificación académica necesaria para formalizar a matrícula noutro centro.

Nos dous documentos adxuntos teñen información máis precisa sobre estes procedementos.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

No ficheiro adxunto figura a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 20-21.

MATRÍCULA CURSO 20 - 21 4º ESO

4

 

  

 matricula 4

Distribuir contido