Revista Viva 2019 - Memoria dun ano

IES Nº 1 da Estrada

 

  

 

 

XORNADA DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. TRANSICIÓN DE PRIMARIA Á ESO

O IES Nº1 A Estrada invita ás familias dos centros de Educación de infantil e primaria adscritos, a coñecer as nosas instalacións e a proporcionarlles información de interese sobre a nova etapa.
A reunión terá lugar o martes, día 28 de maio ás 19:00 h na biblioteca do noso centro.

Correlingua 2019

18-19 correlingua  (18)

ALUMNOS DE 3* E 4* PARTICIPAN NA COMPETICIÓN ZONAL DE BÁDMINTON

Alumnos que participaron na xornada deportiva de bádminton o martes 14 con alumnos do García Barrros, Inmaculada Concepción de Silleda, Laxeiro de Lalín e Santa Lucía de Moraña

badmintong 2019

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 19/20 - LISTAXES DEFINITIVAS

Publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

FORMULARIOS

2018-19 Camiño de Santiago - do Cebreiro a Samos

O 3 e 4 de maio do 2019 o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO participou un ano mais nos intercambios do PROXECTO TERRA. Este ano fixemos o Camiño de Santiago en dúas etapas. A primeira de 13 km. (...e 650 metros de desnivel) dende o Alto do Poio ata Triacastela e o día seguinte disfrutamos da estupenda ruta entre Triacastela e Samos, de case 10 km. Ademáis, grazas a estupenda coordinación e asesoramiento de Juan Nicolás Fernández (mebro do grupo Proxecto Terra) aprendimos moito sobre as características deste entorno natural, do Camiño e da vida e histora do Cebreiro e Samos.Grazas a todos, incluído o alumnado que, ademáis de divertirse e aprender, unha vez mais respeondeu e supo comportarse á altura que se lle pide dende o IES Nº 1

 

 

2019 05 03 Camino Santiago - Cebreiro  (0)

REPARTO DE FROITA NOS RECREOS

De acordo co programa do FOGGA (Consellería de Medio Rural) de consumo de froita fresca, castañas e leite nos centros escolares, no que participamos, entre os días 2 e 15 de maio repartiremos froita para todo o alumnado durante os períodos de recreo. 

Admisión alumnado curso 19/20

Premendo nos enlaces poderedes visualizar as listaxes correspondentes ao procedemento de admisión de novo alumnado para o curso seguinte.

EXAMES DE PENDENTES - 2019

 

Na semana do 6 ao 9 de maio, vanse celebrar os exames das materias pendentes de cursos anteriores.

Os exames realizaranse en horario lectivo.

 

pendentes

2017-18 Excursión a Portugal

2019 03 excursion a portugal 2 (4)

Guía de Estudios Superiores de Galicia 2019 - 20

guia estudios

Día de Rosalía, 2019

18-19 dia de rosalia  (1)

2018-19 Entroido

18-19 entroido

Día da Paz, 2019

18-19 1 30 dia da paz  (11)

ASISTENCIA AOS IV LUDI COMPOSTELLANI

O 22 de xaneiro o alumnado de Latín de 4º ESO máis o de Cultura Clásica de 3º ESO asistiron aos IV LUDI COMPOSTELLANI na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Na primeira parte da mañá celebráronse distintos obradoiros sobre a vida e a cultura romanas. O noso alumnado aisitiu a dous obradoiros: O dos ludi romani, xogos de infancia romanos, e o da gastronomía romana.

Na segunda parte, asistiron a una conferencia impartida polo profesor Lillo, eminencia nos estudos clásicos, sobre a vida dos lexionarios romanos. Para ilustrarla fíxose acompañar da asociación FALCATA de Vigo que demostrou in situ, con vestimenta e armas reais, diferentes tácticas de ataque e defensa das lexións romanas.

Por último, aínda tivemos tempo de facérmonos una tatuaxe cun lema en grego ou latín e posar para a foto cos “lexionarios” da FALCATA.

 

 

Calendario Exames de Febreiro, 2018

exames febreiro

CROSS 2018

O alumnado do noso IES participou o pasado 5 de decembro na carreira pedestre escolar nas categorías  infantil e cadete, masculino e feminino.

Destacaron as actuacións de Valeria Palomba, segunda na categoría cadete e Irene Aguirre en categoría infantil

 

 18-19 CROSS  (7)

ELECCIÓN REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

                         Segundo acordo da  Xunta Electoral, o próximo martes día 27 de novembro, en horario de 18:10 a 20:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación procederase da seguinte forma:

 

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E AO PARLAMENTO DE GALICIA

Organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e de Lingua Galega e Literatura, o xoves, día 8 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizou unha viaxe a Compostela para facer unha visita guiada á exposición “Galicia máxica”,  centrada na figura de Castelao e no impresionante cadro “ A derradeira lección do mestre”, traído dende Arxentina e que se coñece  como “O  Guernica galego”.

Na mesma xornada realizamos unha interesante e didáctica visita  ao Parlamento de Galicia onde, alén de explicarnos  o funcionamento deste organismo e de visitarmos as súas instalacións,  tivemos a oportunidade de protagonizar unha sesión parlamentaria sobre un tema relacionado coa educación.

Dúas actividades moi interesantes, nunha mañá intensa de moito temporal, na que non tivemos nin un mínimo descanso,  pero que pensamos  mereceu a pena.

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO IES

Este martes, día 13 de novembro,  a escritora Andrea Maceiras tivo un  encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para falar da novela “O que sei do silencio”,  que trata sobre acoso escolar. A autora confesou que era a primeira vez que falaba desta obra con lectores e lectoras de secundaria por ter sido publicada moi recentemente e que quedou finalista do Premio Raíña Lupa 2017.

escritora 1

 

andrea maceiras 3

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

      De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da

2018-19 Magosto e Samaín

O pasado mércores, día 31 de outubro, celebramos estas dúas festas tradicionais, en colaboración co departamento de actividades extraescolares, o departamento de orientación e o EDL.

Na cafetaría e na biblioteca, “terriblemente” decoradas para a ocasión, desenvolvéronse actividades de contacontos de medo. Parabéns a todos os rapaces e rapazas que nos fixestes gozar das terroríficas historias que nos contastes!

Ademais, entregamos os premios dos concursos convocados pola Biblioteca: concurso de receitas de cociña con cabaza e/ou castaña, concurso de microrrelatos de terror e concurso de decoración de cabazas. Parabéns pola vosa participación e, sobre todo, aos gañadores e gañadoras, que nesta ocasión resultaron ser:

Ø  Saúl Neira, de 3º B

Ø  Soledad Chedas, de 1º A

Ø  Uxía Paramá, de 1º B

Xincana Poética

18-19 xincana poetica  (10)

Distribuir contido