Recomendacións

Iphixenia, unha nini de barrio que ten algo que che contar

Iphixenia na porta do súper: o teatro que defende a sanidade pública a través dunha moza de barrio.

 

Este venres, ás 21:00 h, no Teatro Principal da Estrada represéntase a obra Iphixenia na porta do súper, unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. 

 

Trátase dunha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play, que se converteu nun dos monólogos máis premiados da última década.

 

Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, agora chega por primeira vez á Estrada e en galego!

 

É un emocionante monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista de clase baixa. A rapaza posúe unha personalidade magnética que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos... 

 

Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza. 

 

Se queres asistir á función, preséntate mañá, antes das 21:00 h., na porta do Teatro Principal da Estrada; indica que es alumno/a do IES Avelina Valladares e conseguirás a entrada cun desconto!

Anímate! Por só 3 euros, poderás desfrutar desta emocionante obra de teatro.