O pasado mércores, día 31 de outubro, celebramos estas dúas festas tradicionais, en colaboración co departamento de actividades extraescolares, o departamento de orientación e o EDL.
Na cafetaría e na biblioteca, “terriblemente” decoradas para a ocasión, desenvolvéronse actividades de contacontos de medo. Parabéns a todos os rapaces e rapazas que nos fixestes gozar das terroríficas historias que nos contastes!
Ademais, entregamos os premios dos concursos convocados pola Biblioteca: concurso de receitas de cociña con cabaza e/ou castaña, concurso de microrrelatos de terror e concurso de decoración de cabazas. Parabéns pola vosa participación e, sobre todo, aos gañadores e gañadoras, que nesta ocasión resultaron ser:
Ø Saúl Neira, de 3º B
Ø Soledad Chedas, de 1º A
Ø Uxía Paramá, de 1º B
Finalmente, puidemos desfrutar da festa do magosto, coa degustación das deliciosas castañas asadas e, como non, cos tradicionais xogos populares preparados polo alumnado de 4º.
Graciñas tamén a Jano, que cámara en man vai retratando todo o que ve, para que agora poidamos rir ao ver as asustadísimas caras de algúns e algunhas de nós!