- Todo o alumnado e persoal do centro realizará a autoavaliación diaria que se adxunta antes de saír da casa para comprobar que non existen síntomas de infección por SARS-CoV-2 (febre maior de 37.5 ºC, tose seca, dificultade respiratoria...). En caso de detectar un ou máis síntomas seguirase o seguinte protocolo:
- Non acudir ao centro educativo.
- Comunicar os síntomas ao servizo sanitario de referencia.
- Comunicar ao centro, que informará ao Equipo Covid, a ausencia do alumno (non é necesario certificado médico, so xustificante dos pais)
- De forma preventiva, debe manterse ao alumno en illamento domiciliario, ata que os facultativos dean as indicacións oportunas.
- O día das presentacións, o alumnado deberá entregar debidamente asinada a declaración responsable que se adxunta na que os responsables declaran que cumprirán o punto anterior.
- É obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar e en todo o recinto escolar. O alumnado deberá traer unha máscara de reposto gardada nun estoxo ou nun sobre de papel.
- A saída do transporte escolar e a entrada ao centro escolar faranse de xeito ordenado, en ringleira e mantendo a distancia de seguridade de 1,5 m. As saídas do alumnado faranse de maneira similar.
- Esta distancia de seguridade manterase en todo momento dentro do recinto escolar.
- As familias non poden acceder ao centro agás para as xestións imprescindibles, preferentemente con cita previa, evitando en todo o momento as horas de entrada e saída, e o tempo dos recreos.
A próxima semana celebraranse reunións cos pais e nais de cada grupo, das que daremos información precisa sobre o seu calendario nos vindeiros días.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo_declaracion_responsable_familias.pdf | 466.99 KB |
Enquisa autoavaliación.pdf | 371.63 KB |