Practicamente a totalidade do alumnado do centro recibirá libros do fondo solidario de libros de texto. A entrega de libros realizarase dende o xoves 10 ata o venres 17 en horario de 9 a 14 horas.
As normas que se van seguir son as seguintes:
- O alumnado levará os libros para a casa e manteraos alí durante todo o curso. Deberán traer a clase só os das materias do día.
- Na casa revisaranse e se algún dos libros se atopase moi deteriorado informarase ao centro para ver se se pode substituir.
- Na primeira páxina do libro á esquerda aparecerá un selo donde se debe poñer o nome e apelidos do alumno/a e a data de recollida dos libros.
· Durante o curso non se poderán suliñar, nin marcar, nin debuxar. Recordamos que a falta de devolución, ou a devolución en mal estado dos libros, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e de calquera axuda do curso escolar 2021/2022.