O venres 13 de novembro saíu publicada no DOG a Orde da Consellería de Educación pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. Os pasos a seguir para a súa solicitude son os seguintes:
- Todo o alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar (cheque) no actual curso NON TEN QUE PRESENTAR NINGUNHA DOCUMENTACIÓN.
- O alumnado que non recibiu a axuda, pero pertence a unha familia cunha renda igual ou inferior a 6.000€ ou presenta unha discapacidade igual ou superior ao 65%, TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO (Anexo I e II, da Orde)
Poden consultar a orde no seguinte enlace: ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 27 DE NOVEMBRO.
O reparto de máscaras farase despois desa data.