1º Bacharelato

21.IV.2016. Visita á empresa Alumán de Arteixo

 

 

 O Departamento de Tecnoloxía organiza unha visita ás instalacións da fábrica de Alumán en Arteixo para o vindeiro xoves 21 de abril. 

 

Participan nela os alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC acompañados polos profesores Juan Neira e Carlos García.

 

O obxectivo da visita e permitir ao noso alumnado  o coñecemento do funcionamento real dunha empresa e achegarse a unha análise dos controis de cualidade e de automatización da produción.      

 

Nova celebración do Obradoiro de Creación Literaria. 8 de abril 2016

O venres  8 de abril volve a ter lugar no noso Instituto  un Obradoiro de Creación Literaria.

Novamente en conxunción co Concello de Betanzos, o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística ofrecen ao alumnado de 1º BAC a posibilidade de disfrutar coa creación literaria.

Martes 5 abril. Creación literaria e creadores no IES Francisco Aguiar.

 


 

Martes 5 de abril e mércores 6:  no IES Francisco Aguiar terá un protagonismo especial, para o alumnado de 1º BAC, a creación literaria

 

Por unha banda, o grupo que cursa a materia de Literatura Universal en 1º BAC  co profesor Francisco Rodríguez Coloma recibiran a visita da escritora Raquel Vázquez, ex do Aguiar e colaboradora habitual do noso instituto. Con ela terán ocasión de comentar un dos relatos ( "la sombra amarilla") do seu último libro publicado: "La ocarina del tiempo".

 

Por outra banda o alumnado do grupo D de 1º BAC participará durante dúas horas nun Obradoiro de Creación Literaria. Esta iniciativa, na que o noso instituto participou xa o pasado ano, parte do Equipo de Dinamización e de Normalización Lingüística do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galega  e  do Concello de Betanzos. Deste xeito, coa coordinación do profesor Xan Munín os nosos alumnos e alumnas achéganse á literatura dun xeito esencialmente práctico. 

 

Completando isto, a mediodía os alumnos e alumnas da ESO participantes nos clubs de lectura teñen a súa periódica reunión para comer no Instituto e falar de libros. 

 

POST DATA :

Mañá 6 de abril a nosa alumna Amaia Tomé recibirá en Santiago de Compostela o LXIV Premio Minerva concedido pola súa obra "Clare e outras illas"

Saída didáctica de xeoloxía e bioloxía ao Cabo Ortegal

Logo de varios aprazamentos debidos ás adversas condicións meteorolóxicas dos últimos días, o venres 1 de abril levarase a cabo a saída didáctica programada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para coñecer o entorno xeolóxico e biolóxico do Cabo Ortegal. Nela participan os alumnos e alumnas de bioloxía  dos grupos A, B  e C de  1º de  Bacharelato.

Cabo Ortegal saída didáctica: ADIADA ata o día 31 de marzo !

O departamento de Ciencias Naturais organiza unha actividade co alumnado de Bioloxía de 1º BAC. A saída didáctica terá como destino a zona do Cabo Ortegal onde, acompañados por un guía, percorrerán e estudarán estas paisaxes.

 

Estaba previsto que a saída tivese lugar xusto á volta das vacacións de Semana Santa, concretamente o martes 29 pero por razóns aconselladas pola previsións meteorolóxicas extremadamente adversas para dito día, entendeuse conveniente adiar a actividade ata o vindeiro XOVES  31 do presente mes de marzo.

  

En principio, participarán nela todos os alumnos e alumnas de BAC 1º A e B e os seis alumnos de bioloxía de BAC 1º C, acompañados pola súa profesora Chus Santamariña e polo profesor do Departamento Marcos J. Beltrán.

 

IPAHE. Proyecto Erasmus. Afondando nunha cidade da ruta Francíxena.

Penúltimo día da nosas xornadas de estudo e intercambio traballando sobre a cidade que tan ben nos acolleu nesta semana,  Siena

Descubrir o espíritu cívico das cidades baixomedievais contemplando os frescos de Pietro e Ambroggio Lorenzetti no Palazzo Público coa súa alegoría do bon e o mal goberno. Ou ficando boquiabertos diante da catedral, o Duomo, que maravillla dende os solos decorados de mármore ata a última tella da cuberta, dende o púlpito de Nicola Pisano ata a espazo exquisito e "rinascimentale" da "librería Piccolomini" que o Duomo alberga como unha pequena xoia.

E fronte ao Duomo unha institución clave nunha cidade peregrina da Vía Francíxena como é o Ospedale de  Santa María della Scala , refuxio para peregríns e enfermos no camiño.

Vai concluindo a nosa viaxe.

Derradeira "serata" para disfrutar das familias e compañeiros anfitriones,

mercar os últimos regalos para a familia,

preparar maletas... premer,premer ata que entre todo....

 

Ímonos poñendo en "modo" Galicia-Betanzos-Aguiar!

 

IPAHE. Do mercado matinal na Fortezza de Siena á San Gimignano

 

Está claro que a relación entre as nacións e os seus símbolos é diversa. O caso de España coa súa bandera é especialmente curioso. Por iso cecais sexa noticia que para agasallar aos seus invitados españoles, os amigos do Liceo Galileo Galilei, fixeran ondear a bandera española na porta do instituto á beira das banderas italiana e europea.

 

Logo desta sorpresa referida ao protocolo metemonos de cheo no noso estudo .  A Vía de peregrinación francíxena que estamos a estudar non é simplemente unha rota cultural ou espiritual é tamén unha vía de intercambio material, comercial. Ten por isto tivo sentido a experiencia matinal de visitar o mercado que semanalmente se celebra na Fortezza Medicea de Siena. Coñecer os productos típicos e sentir a lingua da venda, do regateo, a invitación dos mercaderes á compra. 


Á tarde percorrido por unha das máis fermosas vilas desta ruta ao seu paso pola Toscana: San Gimignano.  Disfrutar do espectacular skyline "case-neoiorquino" da cidade das torres

No Duomo de San Gimignano os impresionantes frescos de Ghirlandaio e os Maiano entre outros importantes pintores.

 

Chegou aos nosos oídos....Amaia Tomé gañadora do Premio Minerva

Chegou aos nosos oídos....que Amaia Tomé, alumna de 1º BAC do noso IES,  acaba de facerse co primeiro premio na modalidade de narración do prestixioso premio Minerva na súa LXIV edición. O galardón foi concedido polo seu relato titulado "Clare e outras illas".

Os encargados de xulgar os textos narrativos foron o ensaísta e crítico Manuel Quintáns Suárez (como presidente), a tradutora e narradora Ánxela Gracián, o ensaísta e investigador Xurxo Martínez González, o profesor Alberto Muñiz Pascual e servidor, actuando como secretaria a tamén profesora Teresa González da Silva.

Amaia,  como o resto dos gañadores , alén das correspondentes dotacións económicas, serán galardoados cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o narrador e ensaísta Xosé Ramón Pena e que amenizarán os premiados coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.

 

Compre destacar  que non é ista a primeira distinción que recibe Amaia, quen o pasado ano se fixo co premio da Fundación Meninos , e  agasallanos coa súa grande actividade creativa en cantas iniciativas xurden no noso IES. 

 

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS 

el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos

AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

                                                           Amaia Tomé Tomé

 

Xincana para conmemorar o Día de Rosalía

imaxe de Sabela Arias

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar en colaboración co do Concello de Betanzos organiza para o alumnado de 1º BAC unha xincana para conmemorar o 24 de febreiro o Día de Rosalía.

A actividade terá lugar no Polideportivo do Instituto en dúas quendas:  Na 2ª e 3ª hora participarán os alumnos e alumnas dos grupos A, B e C. Nas horas 5ª e 6ª serán os grupos D e E. 

Charla de José Ramón Leis Fidalgo. "Materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe"

Os Departamentos de Orientación e de Tecnoloxía veñen de programar unha actividade que se incribe no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC,  polo que se busca

achegar aos centros de secundaria o traballo innovador da universidade.

 

 

Trátase dunha conferencia  titulada “Os materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe” a cargo do catedrático Dn. José Ramón Leis Fidalgo, do Departamento de Química Física da

USC (Universidade de Santiago de Compostela).

 

Participarán na conferencia os alumnos e alumnas de BAC 1º A, B e C. A charla terá lugar durante a 4º hora do vindeiro mércores 17 de febreiro

Distribuir contido