1º Bacharelato

*Crónica dunha viaxe a Roma*. Sofía, Elías, Ezequiel. Xoves 15.

 

 

A primeira parada do día foi no Vaticano. A guía mostrounos os principais intereses do "Museo do Vaticano": as pinturas da Capilla Sixtina, a basílica de San Pedro... O artista máis relevante foi Miguel Ángel: pintor do teito da bóveda da capela, diseñador da cúpula da basílica...

 

Logo da visita camiñamos ata o "Castel Sant'Angelo", dende onde puidemos disfrutar dunha das mellores vistas da cidade de Roma.

 

A seguinte parada foi na "Piazza Navona". A continuación dirixímonos ao Panteón, visitando de camiño a igrexa de Sant Luis. Alí atópanse uns dos mellores cadros de Caravaggio.

 

Por último voltamos á "Fontana de Trevi", pois queríamos disfrutar da beleza da mesma baixo a luz da lúa.


Elías Teijo López,
Ezequiel Varela Vázquez,
Sofía Pena Freire.

 

IES Francisco Aguiar. Roma 15 IX 2016

make animated gifs like this at MakeaGif

Crónica do primeiro día da viaxe a Roma e Gubbio. Por Alicia García e Sofía Cerezuela

14 de setembro.  Chegamos a Roma.

Pola tarde, o primeiro que visitamos foi a basílica barroca de Santa María Mayore, tamén chamada a basílica dos españois, xa que o rei español Filipe IV a financiou.

Despois visitamos os foros imperiais e o Coliseo.

Regresamos aos foros e visitamos o foro de Trajano, onde vimos a estatua de Trajano situada sobre unha columna na que se describían as batallas libradas polo xeneral.

Tamén vimos o Pastelón ou Máquina de Escribir, edificio dedicado aos homes que morreron por Italia.

Máis adiante fomos a unha igrexa gótica a cal tiña enfrente a estatua dun elefante.

 

Seguidamente fomos ao Panteón e ceamos pola zona.

 

Por último, contemplamos unha praza cunha fonte que representaba os catro ríos máis importantes daquela época,

ademáis, esta praza contén outras dúas fontes nos seus extremos.

Alicia García e Sofía Cerezuela.

Viaxe cultural a Roma e intercambio co Liceo Mazzatinti de Gubbio

O martes 13 de setembro, e durante dez días, terá lugar unha das experiencias clásicas e máis enriquecedoras das que se benefician os alumnos do IES Francisco Aguiar.

Trátase dunha viaxe cultural á cidade de Roma que se completará cun intercambio co alumnado do Liceo Mazzatinti da fermosa cidade italiana de Gubbio.

Participarán nesta experiencia 18 dos nosos alumnos e alumnas acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Carmen Suárez Moledo.

Engádese tamén unha novidade a esta viaxe:  unha bolsa de cen euros que a cafetería do noso instituto concede ao participante con mellor expediente académico na última avaliación.

Saída didáctica ás Illas Cíes ou "cando os do Aguiar foron ao Paradiso" 21.VI.2016

De auténtica invasión podería cualificarse o que ocorrerá o martes 21 de xuño nas Illlas Cíes. Porque perto de 90 (!) dos nosos alumnos e alumnas  de 4º da ESO e 1º BAC visitarán este recuncho marabilloso e precioso da nosa xeografía e patrimonio natural.

Acompañados por cinco profesores e dirixidos por un guía terán a oportunidade de coñecer un medio natural realmente único enmarcado no Parque Natural das Illas Atlánticas: xeoloxía, modelados, fauna e flora para sorprender e admirar. E non menos sorprenderá o achegamento ás illas en barco e o como remate do labor, o baño nunha das praias máis fermosas ( e de auga máis fría) do mundo a de Rodas.

Unha forma ben instrutiva e fermosa de culminar un duro curso!

 

Concerto Fin de curso, NO ALFONSETTI!

Comezaremos, dende a administración destas páxinas, por pedir disculpas polo erro na convocatoria deste concerto: Non foi na Aula Xulio Cuns, senón no Teatro Alfonsetti! 

Por outra banda, compre destacar o entusiasmo e calidade de interpretes ( alumnos de 1º BAC coa incorporación de Pablo Erias, 3º ESO) e directora (Blanca Bello) que o pasado xoves 16 de xuño fixeronnos pasar un tempo verdadeiramente delicioso e entretido.  Parabéns.

Andaina polo camiño inglés. Sigüeiro-Compostela

Percorrer o Camiño de Santiago como experiencia cultural e fondamente humana, antropolóxica.

Tal é xustificación con que naceron as andainas polo Camiño, primeiro vencellados ao Departamento de Lingua Castelá e agora ao de Filosofía

Disfrutar por igual do camiño, como da chegada; do esforzo, como do descanso;

da soedade do camiñante, como da compañía dos outros viaxeiros, sexan do Aguiar ou Filipinos

 

E voltar a casa, seica cos pes magullados, pero co peto cheo de experiencias humanas e da alegría do esforzo compartido. 

Parabéns para Inés e Amaia no VI Concurso de Creación Literaria

Nunha soleada mañá do Día das Letras Galegas  facíase entrega na Aula de Cultura "Xulio Cuns" de betanzos, dos galardóns concecidos no VI Concurso de creación Literaria do Concelo de Betanzos.

Nesta edición, de novo, o "Aguiar  volveu brilar da man das súas alumnas . Na modadlidade de bacharelato alzábase co primeiro premio a alumna de 1º BAC Inés López e cun accesit outra das nosas alumnas Amaia Tomé

Día da Letras. Entrega dos Premios do VI Concurso de Creación Literaria

O 17 de maio ás 12h no Edificio Liceo de Betanzos terá lugar a entrega dos Prenios ao VI Concurso de Creación Literaria con que o Concello de Betanzos convida aos escolares de todos os centros e niveis educativos do Concello a celebrar o Día das Letras Galegas.

Desta volta, unha vez máis, o Aguiar estará ben representado. 

 

Distribuir contido