1º Bacharelato

Don Quijote. Teatro en Compostela para 1º BAC. 13.XI.2017

 O Luns 13 de novembro unha numerosa (113 alumnos e alumnas) representación do noso instituto asistirá, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, á representación da obra "Don Quijote" que presenta a compañía de Ricardo Frazer. 

A actividade está organizada polo Departamento de Lingua Castelá que presenta así ao alumnado a versión teatral do clásico_dos_clásicos... pero nunha versión que, seguro, vai chamar a atención da xente nova. 

Exparlamentarios de Galicia no Aguiar

 

O mércores 8 de novembro o alumnado de 1º BAC participará cun encontro con tres ex parlementarios do Parlamento de Galicia: polo PPdG Inmaculada Rodríguez Cuervo, polo PSOE-PSG o betanceiro Antolín Sánchez Presedo, e polo BNG C. Fernando Branco-Parga.

Con esta actividade a Asociación de ex parlamentarios de Galicia ofrece ao noso alumnado información sobre a actuación do noso Parlamento autonómico, as experiencias personais de tres ex parlamentarios e, sobre de todo,  a ocasión de entablar con eles un debate sobre actualidade política.

 

 

30.X.2017 O deseñador Jorge Vázquez regresa ao Aguiar

 

O luns 30 de outubro o IES Francisco Aguiar terá a honra de recibir a un ilustre ex alumno, o deseñador Jorge Vázquez.

A partir da 3º hora (10,25), no noso Salón de Actos, Jorge poderá de dirixirse ao alumnado de 1º BAC, contar a súa experiencia vital e profesional e, de seguro, convertirse nunha referencia e modelo para moitos dos nosos alumnos e alumnas. 

Desafiando supersticións: Martes 13 de surf en Bastiagueiro

O martes 13, desafiando supersticións máis ou menos cinematográficas e  malos farios, o alumnado de 1º BAC dos grupos B e C  celebrará a segunda sesión da actividade de iniciación ao surf en Bastiagueiro.

Os participantes sairán do Aguiar ao remate da 3ª hora. Está previsto o seu regreso ao remate da 8ª hora da tarde (18.00)

Iniciandose no surf en Bastiagueiro. 6 e 13 de xuño

Os vindeiros 6 e 13 de xuño o nosos alumnado de 1º BAC terá ocasión de participar nunhas sesións de introducción ao surf. Esta actividade está organizada pola profesora Edda G. Beltrán, do Departamento de Educación Física.

O 6 de xuño participarán nela, saíndo ao remate da 3ª hora de clase, os grupos A e D de 1º BAC acompañados por Edda e polos titores María Pazos e Carlos Seco. O retorno está previsto ás 18.00h.

Visita a Verea. Industria de fabricacións cerámicas en Mesía. 29.V.2017

O luns 29 de maio un grupo de 10 alumnos de 1º BAC que cursan a materia de Tecnoloxía Industrial, acompañados polo seu profesor, Juan M. Neira, terán ocasión de coñecer o funcionamento dos procesos de automatización cos que funciona unha das empresas punteiras da provincia, a industria de fabricacións cerámicas, Verea.

Encontro musical en Ferrol. 25.IV.2017

Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de BAC que cursan a materia optativa  de música no noso instituto, acompañados polas profesoras Blanca Bello e Isabel Andrade, participan o martes 25 de abril nun encontro musical.

O evento reune a formacións músicaias de varios institutos de Galicia que se reunen en Ferrol nunha xornada de música e convivencia. 

Intercambio italiano. 2º día

No segundo día da convivencia co alumnado do Liceo Mazzatinti de Gubbio (Italia) os nosos alumnos e alumnas acompañarán aos seus correspondentes italianos a unha ruta polo Monumento Natural da Costa Dexo-Serantes.

Estarán tamén acompañados polos profesores italianos, Sabina e Angelo, e por dous dos nosos docentes Antonio e Chus Santamariña.

Tendo en conta o tempo reinante está tamén preparada, como alternativa, a visita ao CEIDA.

Poucas veces o desexo, "Bo día!" tivo tanto sentido.

Modelado 3D con Blender 1º Bac 1ª entrega

En TIC I 1º de Bacharelato estamos a traballar co software libre de modelado en 3D Blender. Comprácenos o compartir con todos vos algúns "render" dos nosos últimos traballos. Aínda que queda moito por aprender, teño que felicitar a todo o meu alumnado polas ganas, esforzo e traballo que están a realizar.

Distribuir contido