1º Bacharelato
VISITA Á FÁBRICA DA EMPRESA TEJAS VEREA, S.A.
Organizado polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto visitamos o 8 de maio a empresa “Tejas Verea, S.A” que se dedica á fabricación de diversos tipos de tellas localizada en Lanzá (Mesía). Guiados por unha técnica e un técnico visitamos en primeiro lugar a zona de aprovisionamento de material: moenda e mestura de arxilas, xunto coa zona de maduración.
Despois fomos visitar a liña 1 onde se fabrican tellas planas de diversas formas vendo o amasado, extrusionado, secado e cocido dos produtos. Todo o proceso é controlado automaticamente polo sistema industrial SCADA, e incluso puidemos observar a posta a punto dun sistema de control de calidade das tellas planas que funciona por son. Visita moi interesante para ver as aplicacións dos sistemas automáticos de control na industria.
Visita ás covas do Rei Contolo (Mondoñedo)
O alumnado das materias de Cultura Científica e de Antamonía aplicada viaxan ás Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo.
Visita histórico-cultural a Compostela
Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo realizan unha visita a Compostela, onde pasearán polo centro histórico, irán ao CGAC e coñecerán unha exposición na Fundación Abanca.
Visita a unha fábrica de tellas en Mesía
O 8 de maio o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I visita a fábrica de tellas que hai en Mesía.
Piragüismo no Mandeo - 1º de Bacharelato
Os grupos de 1º de bacharelato practican piraguismo no Mandeo. Cada grupo terá dúas sesións. A actividade comeza o día 3 de maio e acaba o 23 de maio.
Musiqueando 2023
MUSIQUEANDO 2023
O vindeiro xoves 27 de abril o alumnado de 1ºBAC da Materia de Linguaxe e Práctica Musical e de Música de 4º ESO (da profesora Alba Alonso); participarán nun concerto na praza do campo de Betanzos.
Dito concerto terá lugar ás 12:00, e poderán achegarse familiares, veciñ@s, amig@s, e xente de Betanzos para disfrutar de varias actuacións musicais en directo e ao aire libre.
É unha iniciativa a nivel estatal, a través da cal se pretende dar a coñecer o que se está a facer nas aulas de música (con moito nivel neste Centro, por certo!).
Así pois, o 27 de abril máis de 40.000 alumnos e alumnas de toda España sairán ás rúas máis importantes da súa aldea, villa ou cidade para amosar o que se fai na materia de Música.
O IES Francisco Aguiar, participa (por segundo ano consecutivo) en dita proposta. Non volo perdades, esperámosvos!!"
Participación do "Ludi Compostellani"
Os 10 alumnos de Latín I particpan nos Ludi Compostellani, onde imaprtirán un curso sobre arte musivaria.
Torneo de badminton
Unha selección de alumnos de 1º de Bacharelato participa nun torneo de badminton.
Concerto Día da Poesía - Aldaolado
Os grupos de B1A, B1B e B1C asisten á celebración do Día da Poesía. Na mañá do 21 de marzo, o Departamento de Dinamización Lingüística, en colaboración co Concello, organizou un concerto do dúo poético-musical formado por María Lado e Lucía Aldao, Aldaolado.
Charlas do Muncyt para Bacharelato
Aproveitando a oferta do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología da Coruña, o departamento de Tecnoloxía organizou a asistencia a dúas charlas co grupo da materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de BAC e de Electrotecnia de 2º de BAC.
O motivo era a celebración do “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”, con dúas vídeo-charlas moi interesantes de dúas enxeñeiras informáticas sobre a discriminación de xénero na Intelixencia Artificial e as investigacións sobre a comunicación cerebro-ordenador .
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »