1º Bacharelato
Visita ás obras do Parque do Pasatempo
Unha parte do grupo de 1º B de Bacharelato, o alumnado coa optativa de Debuxo Técnico, visita hoxe as obras de restauración do Parque Enciclopédico do Pasatempo.
"Faíscas de futuro" - Obradoiro de divulgación de Antolín Faraldo
No marco do "ano Faraldo", a Normalización Lingüística organiza un obradoiro de divulgación sobre Antolín Faraldo, dirixido aos primeiros de Bacharelato e que se estende ao longo do 5 e 6 de outubro.
Léxico da Anatomía
O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando a etimoloxía do léxico da anatomía.
Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía coa esperanza de que sexa o primeiro de moitos.
Itinerario Didáctico pola Serra de Forgoselo
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2022 - 10:53A serra do Forgoselo, no concello de San Sadurniño, atópase no extremo sur do proxecto de xeoparque Cabo Ortegal. Os fenómenos graníticos como pedras cabaleiras e abaladoiras, birlos, pías e cacholas obsérvanse en todo o macizo, onde tamén se atopan lagoas e turbeiras naturais. Está declarado Lugar de Interés Comunitario.
Roteiro pola serra de Forgoselo
A saída pretende realizar un estudo da modelaxe granítica, traballar cun mapa topográfico e completar un estudo medioambiental da zona: gandaría extensiva, impacto da enerxía eólica e a rexeneración da mina das Pontes.
Probas orais para a obtención do diploma de francés DELF B1
Como en convocatorias anteriores, hai alumnos e alumnas do noso centro, fundamentalmente de 1º de Bacharelato, que van certificar o seu nivel de francés.
As probas orais do DELF B1 serán realizadas no noso centro, cunha examinadora que se despraza ao noso centro.
Os exames serán o xoves 12 de maio, desde as 10.00 até as 13.45.
Charla sobre educación tributaria
O alumnado da materia de Economía, de 1º de Bacharelato ten unha charla sobre educación tributaria, impartida por unha funcionaria da Axencia Tributaria.
Autopsia tecnolóxica
Estamos rodeados por obxectos tecnolóxicos, pero case nunca pensamos nas partes que os compoñen, como funcionan, nos materiais cos que están construídos,...
Para estimular esta curiosidade polo funcionamento do mundo tecnolóxico no que vivimos as alumnas e alumnos da materia de Tecnoloxía Industrial en 1º de bacharelato, gravaron en vídeo as autopsias tecnolóxicas de diversos obxectos.
E aquí temos unha mostra representativa do traballo realizado. A primeira autopsia tecnolóxica foi realizada por María Blanco Sabín.
A segunda autopsia foi realizada por Cristina Vázquez
Bicos con Lingua, teatro na Sala Xulio Cuns
Os grupos de 1º C, D e E acudirán ao espectáculo teatral "Bicos con lingua", na sala Xulio Cuns, no marco da semana dedicada no noso centro a conmemorar a grande escritora galega e universal Rosalía Castro.
Asistencia aos ensaios da Orquestra Sinfónica
No día de onte, o alumnado das materias de 1º de Bacharelato "Linguaxe e Interpretación Musical" e de "Obradoiro de Interpretación Musical" tiveron a ocasión de asistir a un ensaio da Orquestra Sinfónica da Galiza. Concretamente, os alumnos e alumnas puideron escoitar o Concerto para violín nº 1, en la menor, op. 77 de Dmitrii Shostakóvich.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »