1º Bacharelato

Charla de información sobre a OMIX de Betanzos

20/12/2021 06:45
20/12/2021 09:45
Etc/GMT+2

O luns 20/12 José Luis Sobrino informará o alumnado de 1º De Bacharelato sobre a Oficina Municipal de Información á Xucentude.

Charlas de prevención do VIH pola ASEDUC

28/01/2022 09:45
28/01/2022 12:15
Etc/GMT+2

A Asociación Socioeducativa ASEDUC impartirá o día 28/1 unhas charlas de prevención do virus VIH ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Obra teatral "Golpes" - Día Internacional contra a Violencia Machista

29/11/2021 08:35
29/11/2021 10:35
Etc/GMT+2

 

En colaboracióm co Concello de Betanzos dous grupos de 1º de Bacharelato asistirá o luns 29 de novembro á representación da obra teatral Golpes, que se realizará ás 11:00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo, na Praza de Galicia.

Os golpes non son o que máis cicatriz deixan', de Estíbaliz Veiga, chega  este xoves a Ponteareas - Nós Televisión

Conferencia de Sonia Villapol

 

No día de onte, martes 17 de novembro, Sonia Villapol deu unha conferencia no noso centro sobre a pandemia de COVID.

Esta videoconferencia é promovida por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego 2021, que se celebra todos os anos no mes de Novembro.
 
 
 

A investigadora lucense Sonia Villapol (Bretoña, 1977) estudou  o bacharelato no instituto de Meira, licenciouse en Bioloxía na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (2003) e doutorouse na especialidade de Neurociencias na Univesitat Atónoma de Barcelona. Na actualidade traballa no Texas Medical Center de Houston como investigadora principal e profesora. Forma parte do  Equipo de Investigación Internacional da COVID-19, COV-irt.org, no que coordina o equipo de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro.

Conferencias no mes da Ciencia en Galego (I)

16/11/2021 11:00
16/11/2021 12:00
Etc/GMT+2

A Institución Galega de Ciencia ofrece unha serie de charlas sobre temas científicas.

A primeira charla desenvolverase no Salón de Actos o martes 16 ás 13 horas e versará sobre o COVID. O título da conferencia é A pandemia: o que nos arrebatou e o que nos deixou.

A conferencia será impartida por

 

Cultural Class - inmersión na cultura anglosaxona

 

 

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato puido asistir onte, xoves 14 de outubro, a unha conferencia en lingua inglesa sobre a cultura dos países anglosaxóns.

A charla foi ofrecida de maneira gratuita pola editorial educativa Burlington.

Conferencia "A lingua galega: unha oportunidade"

28/09/2021 08:35
28/09/2021 10:30
Etc/GMT+2

 

 

Día Europeo das Linguas | Allos con bugallos | Portal das Palabras

No Día Europeo das Linguas (28 de setembro), o filólogo Manuel Núñez Singala visitará as aulas de 1º de Bacharelato D e E para dar unha conferencia sobre as oportunidades que ofrece a nosa lingua.

Traballos sobre a historia das medidas de distancias. 1º de Bacharelato

 

Os alumnos de Física e Química de 1º de Bacharelato realizaron unha investigación sobre a evolución da medida de lonxitude (distancia), plasmando o seu traballo en carteis cunha liña de tempo. Aquí tedes o magnífico resultado:

 

Viejas cosas nuevas.

Investigación realizada por los alumnos de antropología sobre la evolución de los objetos cotidianos a lo largo del tiempo.

Ruta de orientación na natureza

21/06/2021 07:00
21/06/2021 12:15
Etc/GMT+2

Senderismo en Vigo | Vigo programa siete rutas de senderismo guiadas y  gratuitas

O día 21 de xuño os grupos de 1º de BAC D e E sairán á zona da Espenuca para realizar unha ruta polo medio natural da comarcca, co obxectivo de coñecer mellor a contorna e seguir unha ruta mediante un track, desfrutando a natureza.

Distribuir contido