Educación Plástica e Visual
Xeo(si)metrías no Betanzos histórico
Como parte do traballo de "Fotografía en Curso" do alumnado de 3º A da ESO coordenado por Xosé Manuel Rey Bao, presentamos este traballo sobre simetrías e xeometrías no Betanzos Histórico
Cores na Contorna. Exposición dos alumnos/a de 3º para Fotografía en Curso
Coordinados e orientados polo profesor de Educación Plática e Visual, José Manuel Rey Bao, os nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO realizan, un ano máis, un curso de fotografía. A exposición que agora presentamos forma parte do seu proceso formativo...pero virán máis!
FOTOGRAFÍA EN CURSO. Segunda sesión fotográfica. 3.VI.2016
Os alumnos de dous cursos de 3º da ESO están a participar este curso no programa de Fotografía en Curso que coordina no noso centro o profesor José Manuel Rey Bao.
Dentro deste proxecto traballouse con fotografías de reputados fotografos para unha primera mostra que levou por título "Lecturas". Fixéronse primeiros achegamentos á linguaxe fotográfica con pequena exposicións ("Espazos Baleiros" e "Cores na contorna")
Nos días 1 e 3 deste mes de xuño os participantes saen á rúa para completar o seu traballo cunha nova mirada sobre o casco histórico de Betanzos.
O pasado mércores 1 de xuño o alumnado de 3º A percorreron o citado casco histórico na procura de "xeometrías". O venres 3 de xuño, serán os alumnos e alumnas de 3º B os que realizarán un traballo que chaman "de onte a hoxe" para descubrir os cambios no tecido urbán por medio da comparación entre fotografías antigas e as que realizan eles neste momento.
Espazos Baleiros. Un traballo para Fotografía en Curso. 2015-2016
Un dos primeiros traballos neste curso dos alumnos de 3º da ESO que están a participar no Programa Fotografía en Curso, coa coordinación d o profesor de Educación Plástica, José Manuel Rey Bao
Chegou aos nosos oídos...Xosé Tomás entrevistado na Voz de Galicia
XOSÉ TOMAS«Manual del Bullying». Nova Galicia Edicións, 2015
Chegou aos nosos oídos... que o ex do Aguiar, compañeiro de docencia e recoñecido ilustrador Xosé Tomás, foi entrevistado na Voz de Galicia hoxe, 13 de maio de 2016. Reproducimos o artigo e as súas interesantes reflexións.
"MI TRABAJO ES AUTOCURATIVO"
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) recibió, entre otros, los premios Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado 2010 pola colección Rodribico y Frei Martín Sarmiento á mellor obra infantil do 2013 por Vou ter un irmán. Su web es www.xosetomas.com
-¿Cuál sería la mejor definición de lo que es ilustrar?
-Incitar a pensar y sentir con las imágenes.
-¿Si tuvieras que definir tu trabajo con una palabra?
-Autocurativo
-¿Que sientes cuando estás trabajando?
-Un tsunami por dentro.
-¿Qué te inspira?
-Muchas cosas, pero de mi trabajo como profesor extraigo muchísimas emociones.
-Quién fue el causante de que te hicieras ilustrador?
-Jorge Saavedra, mi maestro de la escuela, que me sacudió por dentro. Y también mi otro maestro de la infancia, José Dapena, que me abrió los ojos a todo.
-¿Un ilustrador injustamente olvidado?
-No sé si olvidado, pero me encanta Ernst Kreidolf, un suízo del siglo XIX, por su delicadeza.
-¿Cuál es tu ilustrador favorito de toda la historia?
-Muchos: Shaun Tan, Innocenti, Jimmy Liao, Anthony Browne, Turkowski, Benjamin Lancombe... Sobre todo, los que cuentan más por lo que ocultan.
-¿Una canción que te inspire?
-Gloria, de Van Morrison. Mis hijos y yo la cantamos a grito pelado en el coche.
-¿De qué trabajo te sientes más orgulloso?
-De algunos que hice con Miguel Vázquez Freire o con Yolanda Castaño, con los que tengo una conexión especial. Nos buscamos, nos retamos, y nos conocemos muy bien.
Proxecto TERRA. A experiencia de Guimaraes
Resumimos nesta serie de vídeos a experiencia dos nosos alumnos de 3º da ESO en Guimaraes
De Voltas coas imaxes. Crónica dunha saída didáctica de Educación Plástica para 4º da ESO
DE VOLTAS COAS IMAXES
Preparamos unha saída didáctica para 4º da ESO dentro da optativa de Ed. Plástica e Visual. Saída moi importante xa que e unha materia na que se pasa moito tempo e realizase prácticas avanzadas na materia. Participaban todos os alumnos de 4º C e algún de 4º B.
Para isto organizamos unhas visitas relacionadas co que se estaba a dar durante o curso e sobre todo no derradeiro trimestre.
Primeiro visita ó DOMUS un museo..nooo!: Centro cultural científico diría eu...onde se mostra todo aquelo que ten relación co corpo humano, e de xeito práctico con experimentos...algo para ir quentando motores: Percepción, espazo, sensacións...etc.
Saída do DOMUS
A saída do museo e paseo pola cidade pode ser unha boa ocasión para practicar técnica fotográfica.
Logo máis adiante foimos o CGAI.. Centro Galego das Artes da Imaxe. Un sitio onde adícanse a promocionar, preservar e documentar todo aquilo relacionado co cine. Atendeunos a súa encargada Mónica a cal moi didacticamente explicounos que nunhas grandes neveiras tiñan conservados filmes dende a primeira película documentada en Galicia ano de 1915 ou algo así.
Tamén visualizamos unha película de Chaplin en formato sala de cine. “El chico”, coa cal tivemos un debate posterior.
Pola tarde xa nos diriximos ó MACUF ou Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa.
Alí íamos a ter unha presentación do que pode ser a arte contemporánea con toda-las súas contradiccións. E tamén de paso facer un pequeno obradoiro con materiais de hoxe en día: Unha cámara de vídeo, pantalla dixital, e representación performativa, todo moi entretido.
Alí atopámonos con imaxes que poden chegar a ser moi raras pero que poden tamén dicir moitas cousas.
Imaxes que acabaran por chamar a nosa atención, non só polo que vemos se non polo significado.
Xa que nunha exposición de retratos, vimos pintura, instalación, vídeos, fotos e ata debuxos.
Iso foi todo, penso que os alumnos tiveron unha visión da arte e do cine moi didáctica e entretida, para facer pensar e imaxinar, ou iso espero.
Pablo Sánchez Corral
Profesor de EPV
Tempo de premios. Os ecos da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía
As semanas que se van sucedendo logo da Vª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía (11-15 abril) manteñen o eco da aposta pola ciencia e a Tecnoloxía que o Aguiar fai cada ano.
Concretamente foi o momento de entregar algúns do premios convocados no contexto dista Semana.
Comezou esta xeira de entregas de premios o 26 de abril coa correspondente ao concurso de carteis para estimular os comportamentos ecolóxicos na vida diaria. Neste caso resultou gañador Alejandro Basteiro que estivo acompañado nos outros dous postos de honra por Raquel Vázquez e Julia Nieto. O noso Director José Manuel Montero e José Manuel Rey, profesor de Educación Plástica e Visual exerceron de anfitrións nun salón de actos ateigado para o evento
Coherentemente co obxecto do concurso o premio consistíu nun xogo de lámpadas ecolóxicas e de baixo consumo e presentadas en bolsas de tela
Pero os ecos da semana da Ciencia e da Tecnoloxía aínda resoaron ata o mesmo día 2 de maio. Data na que se entregaron, desta volta na Biblioteca, dous premios ligados a ela.
Por unha banda o galardón que distinguía aos participantes na competición por clases que se veu chamar Biblio-Ciencia. Nela, durante a semana seguinte á Semana da Ciencia, representantes de todos os cursos da ESO competiron, cun entusiasmo que a todos sorprendeu, nunha procura de contidos científicos na Biblioteca. Como consecuencia disto resultaron gañadoras dúas clases. Polo primeiro ciclo 2ºB ( que no día da entrega de premios atopábase nunha saída didáctica ás Brañas de Valga, polo que o recibíu a única alumna que non puido asistir a esta saída)
Polo segundo ciclo da ESO o grupo gañador foi o de 4ºA, que recolleu "en masa" o premio.
E aínda quedaban máis recoñecementos a este labor creativo arredor da ciencia e da tecnoloxía. Tratábase do fallo do IIº Concurso de Esopías que tamén se entregou o 2 de maio.
Velai o elenco de gañadores e as súas obras.
1º CICLO
Veo a Luís y pienso, conmovido, en cuanto dolor sin razón soportan impávidos algunos. Maltratos que le han impedido amar aunque no siente odio.
Bruno Edrosa Crespo.
2º CICLO
Así é, ríos e mares infinitos ao océano bravo van parar. Inmensos, profundos, pasando esaxerada dor no seu traxecto, como sucede no temido amor.
Diego Teijo Barral.
BACHARELATO.
ARP e GRIS e KLIMT debuxaban os trazos azuis dos mares lonxanos, profundos; MATISSE, GÉRICAULT, DOU da cor turquesa DALÍ, RENOIR, ou TAPIES, KLEE.
Amaia Tomé Tomé
Saída didáctica de Educación Plástica á Coruña
O Depàrtamento de Educación Plástica e Visual organiza o martes 26 de abril unha saída diáctica á cidade de A Coruña. A longo do día terán oportunidade de coñecer e visitar instalacións como as do CGAI ou a Museo de Arte Contemporánea (MAC) con interesantes exposicións temporais e permanentes:
Disfrutarán dista saida os alumnos de Plástica de 4º da ESO acompañados polo seu profesor Pablo Sánchez.
Á descuberta da arquitectura e da paisaxe en Guimaraes
Os días 14 e 15 de abril case todos os alumnos e alumnas dos grupos C e D de 3º da ESO terán a oportunidade de participar nunha interesante experiencia ao abeiro do Proxecto Terra do que forman parte este curso. Experiencia que acada un valor especial ao realizarse na cidade portuguesa de Guimarâes durante dúas xornadas.
Trátase dun completo programa que inclúe actividades variadas:
a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »