Tempo de premios. Os ecos da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

As semanas que se van sucedendo logo da Vª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía (11-15 abril) manteñen o eco da aposta pola ciencia e a Tecnoloxía que o Aguiar fai cada ano.

Concretamente foi o momento de entregar algúns do premios convocados no contexto dista Semana.

Comezou esta xeira de entregas de premios o 26 de abril coa correspondente ao concurso de carteis para estimular os comportamentos ecolóxicos na vida diaria. Neste caso resultou gañador Alejandro Basteiro que estivo acompañado nos outros dous postos de honra por Raquel Vázquez e Julia Nieto. O noso Director José Manuel Montero e José Manuel Rey, profesor de Educación Plástica e Visual exerceron de anfitrións nun salón de actos ateigado para o evento

Coherentemente co obxecto do concurso o premio consistíu nun xogo de lámpadas  ecolóxicas e de baixo consumo e presentadas en bolsas de tela 

Pero os ecos da semana da Ciencia e da Tecnoloxía aínda resoaron ata o mesmo día 2 de maio. Data na que se entregaron, desta volta na Biblioteca, dous premios ligados a ela. 

Por unha banda o galardón que distinguía aos participantes na competición por clases que se veu chamar Biblio-Ciencia. Nela, durante a semana seguinte á Semana da Ciencia, representantes de todos os cursos da ESO competiron, cun entusiasmo que a todos sorprendeu,  nunha procura de contidos científicos na Biblioteca.  Como consecuencia disto resultaron gañadoras dúas clases. Polo primeiro ciclo 2ºB ( que no día da entrega de premios atopábase nunha saída didáctica ás Brañas de Valga, polo que o recibíu a única alumna que non puido asistir a esta saída)

 

Polo segundo ciclo da ESO o grupo gañador foi o de 4ºA, que recolleu "en masa" o premio.

E aínda quedaban máis recoñecementos a este labor creativo arredor da ciencia e da tecnoloxía. Tratábase do fallo do IIº Concurso de Esopías que tamén se entregou o 2 de maio.

Velai o elenco de gañadores e as súas obras.

1º CICLO

Veo a Luís y pienso, conmovido, en cuanto dolor sin razón soportan impávidos algunos. Maltratos que le han impedido amar aunque no siente odio.

Bruno Edrosa Crespo. 

 

2º CICLO

 

Así é, ríos e mares infinitos ao océano bravo van parar. Inmensos, profundos, pasando esaxerada dor no seu traxecto, como sucede no temido amor.

Diego Teijo Barral. 

 

BACHARELATO.

 

ARP e GRIS e KLIMT debuxaban os trazos azuis dos mares lonxanos, profundos; MATISSE, GÉRICAULT, DOU da cor turquesa DALÍ, RENOIR, ou TAPIES, KLEE.

Amaia Tomé Tomé