Á descuberta da arquitectura e da paisaxe en Guimaraes
Os días 14 e 15 de abril case todos os alumnos e alumnas dos grupos C e D de 3º da ESO terán a oportunidade de participar nunha interesante experiencia ao abeiro do Proxecto Terra do que forman parte este curso. Experiencia que acada un valor especial ao realizarse na cidade portuguesa de Guimarâes durante dúas xornadas.
Trátase dun completo programa que inclúe actividades variadas:
a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa.