3º ESO

FOTOGRAFÍA EN CURSO. Segunda sesión fotográfica. 3.VI.2016

Os alumnos de dous cursos de 3º da ESO están a participar este curso no programa de Fotografía en Curso que coordina no noso centro o profesor José Manuel Rey Bao. 

Dentro deste proxecto traballouse con fotografías de reputados fotografos para unha primera mostra que levou por título "Lecturas". Fixéronse primeiros achegamentos á linguaxe fotográfica con pequena exposicións ("Espazos Baleiros" e "Cores na contorna")

Nos días 1 e 3 deste mes de xuño os participantes saen á rúa para completar o seu traballo cunha nova mirada sobre o casco histórico de Betanzos.

O pasado mércores 1 de xuño o alumnado de 3º A percorreron o citado casco histórico na procura de "xeometrías". O venres 3 de xuño, serán os alumnos e alumnas de 3º B os que realizarán un traballo que chaman "de onte a hoxe" para descubrir os cambios no tecido urbán por medio da comparación entre  fotografías antigas e as que realizan eles neste momento. 

Espazos Baleiros. Un traballo para Fotografía en Curso. 2015-2016

Un dos primeiros traballos neste curso dos alumnos de 3º da ESO que están a participar no Programa Fotografía en Curso, coa coordinación d o profesor de Educación Plástica,  José Manuel Rey Bao

Proxecto TERRA. A experiencia de Guimaraes

Resumimos nesta serie de vídeos a experiencia dos nosos alumnos de 3º da ESO en Guimaraes

 

 

Imaxes do "bilingual weekend" en Alvarella 6-7-8 maio 2016

O noso correspondente en Alvarella envíanos estas imaxes da fin de semana dos alumnos de bilingüe de 3º da ESO.

 

Bilingual weekend 2016

Un ano máis o alumnado de 3º da sección bilingüe de matemáticas, coordinados polo seu profesor Cheché Varela, disfrutarán dun fin de semana en Alvarella

Coñecemento do patrimonio natural e cultural, actividades de ciencia, saídas á natureza.... lecer e disfrute ...pero todo "in english, please".

3 maio 2016. Encontro de Andrea Maceiras co alumnado de 3º da ESO

O 3 de maio visitará o noso Instituto Andrea Maceiras. O obxecto é manter unha conversa co alumnado de 3º da ESO que estiveron a ler a súa obra "Europa Express",  gañadora da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Andrea Maceiras declarou que «Europa Express é unha novela de intriga psicolóxica. Narrada cunha técnica multiperspectivista, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.»

O principio de Arquímedes. Teatro en galego para alumnado de 3º da ESO. 29.IV.2016

O Departamento de Lingua e Literatura Galega programa para o venres 29 de abril a asistencia do alumnado de ESO 3º A e B á representación teatral "O principio de Arquímedes" que terá lugar no Forum Metropolitano de A Coruña. Está prevista a saída ás 10.30h. con chegada arredor das 13.15h. O alumnado estará acompañado pola profesora Carmen Suárez e polo profesor Emilio Duque.

 

Este drama presenta un conflito que comeza cando os pais dun grupo de rapaces comezan a dubidar das intencións do monitor de natación.

'O principio de Arquímedes' conta a historia dun adestrador de natación infantil sobre o que recaen unhas graves sospeitas. Un día, un dos seus alumnos asústase ao ter que botarse a auga sen flotador, así que o monitor dálle unha aperta e un bico para tranquilizalo. Pero estes xestos espertan as alarmas dos pais sobre as verdadeiras intencións do adestrador cos cativos. A sospeita de que pretenda abusar deles será o seu novo e crítico problema. 

 

'O principio de Arquímedes' trata de reflexionar, como explica o seu propio autor, sobre a relación que a sociedade establece entre o medo e a seguridade. 

 

 

Francofonía. Charla sobre a emigración con Elías Martínez

Na imaxe D. Elías Martínez con Pablo del Río en datas recentes no IES Francisco Aguiar

 

Como cada ano o Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar promociona o coñecemento da lingua e cultura francesas nunha Semana da Francofonía (isto é, o conxunto de mulleres e homes,  274 millóns de francófonos repartidos polos 5 continentes, que comparten unha lingua común, o francés)

 

Este ano buscou a colaboración co Centro de Maiores de Betanzos  (enlace) solicitando para que algún dos seus  socios colaborase  voluntariamente conosco IES  para  manter conversa en francés  relativa á experiencia da emigración.Este é o caso do encontro que se celebrará o próximo día 20 de abril ás 13.15 horas no IES Francisco Aguiar de Betanzos co que o Departamento de Francés quere festexar un ano máis a Francofonía 

 

Nesta ocasión contarán coa colaboración de D. Elías Martínez Martínez, socio do Centro de Maiores de Betanzos e voluntario do programa "Fálame da emigración", para dar a coñecer aos 80 alumnos de 3.º da ESO as súas vivencias como emigrante en Francia.

"Lecturas". Traballo do programa "Fotografía en Curso" do alumnado de 3º ESO

Un ano máis, pola iniciativa de José Manuel Rey Bao temos ao instituto participando no programa "Fotografía en curso" ( que tantas satisfaccións nos deu o pasado curso).

O primeiro traballo deste ano facíase con imaxes de fotógrafos consagrados de todos os tempos. Tratábase de facer unha lectura das imaxes...pero moitos alumnos e alumnas de 3º da ESO deron un paso máis e propusieron una lectura da imaxe en clave creativa. Elaboraron pequeños microrrelatos ou aforismos que proxectaban unha nova luz sobre a imaxe presentada. O resultado é, a miudo, sorprendente e estimulante.

Sabiamos que había canteira no Aguiar nas lides da escritura. Confirmámolo e asistimos, con esperanza, a una unión más que sugerente entre fotografía e literatura

 

 
Distribuir contido