3º ESO

A sección bilingüe en Navantia. 24.IV.2018

O martes 24 de abril a  sección bilingüe de matemáticas en 3º e 4º da ESO visita as instalación de Navantia en Ferrol.

Coñecer o mundo do mar e da construcción marítima da man dos expertos, e con explicacións en inglés, é o plan que os alumnos e alumnas da nosa sección bilingüe teñen para este martes. Completarán a xornada cunha visita a Pontedeume. Estarán, en todo momento, acompañados polos seus profesores Elvira Charlín e José Antonio Varela.

Teatro en inglés

Un ano máis (enlace), o Departamento de Inglés do IES Francisco Aguiar organiza para o venres 6 de abril unha sesión de teatro en lengua inglesa que terá lugar no Salón_de_Actos_con_columna_central do noso Instituto. 

Ás 10 e media serán os alumnos e alumnas de 3º da ESO os que poderán disfrutar dista actividade sempre divertida e instrutiva. Ás 12 será o alumnado de 4º da ESO que tome o relevo.

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía(MUNCyT).

O xoves 5 de abril un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO visitarán as instalaciñons do atractivo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.

Estarán acompañados nesta viaxe científica que organiza o Departamento de Tecnoloxía polos profesores: Manuel López, Carmen Núñez, Rosina Baños e Yolanda Vidal.

A "expedición" sairá do instituto ao remate da primeira sesión de clase para regresar arredor das 14.00 hs.

ALDAOLADO. Lucía Aldao e María Lado outra vez no Aguiar. 4.IV.2018

Un ano máis, grazas ás xestións do Equipo de Normalización ( que coordina o compañeiro Xan Munín) e do Departamento de Lingua Galega, podemos contar no noso instituto coa presenza de Lucía Aldao e María Lado.

Como sempre, traen un espectáculo no que combinan maxistralmente carretadas de humor, con boa musica, poesía, relato e por riba de todo, moito amor e respeto pola lingua.

A actividade terá lugar no noso Salón de Actos durante a 4ª hora de clase. Estará destinado ao alumnado de 3º da ESO

PARABÉNS PARA ELAS POLO SEU TRABALLO...

E PARA NÓS QUE PODEMOS DISFRUTALO UN ANO MÁIS!

Coñecer o Gas Natural pode ser divertido? FUNGASTIC

“Durante anos, un equipo de científicos traballou en segredo para desenvolver unha fórmula coa que satisfacer a nosa necesidade enerxética sen alterar a disponibilidade de recursos naturais. Pero repentinamente abandonan o laboratorio deixando unha inquedante mensaxe no que piden axuda para protexer a súa investigación e dala a coñecer ao mundo… ¿Seremos capaces de axudalos?”

Nos vindeiros 21, 22 e 23 de marzo o noso alumnado de 3º e 4º da ESO terá a oportunidade de descubrir algúns dos secretos máis apaixoantes e tamén os máis divertidos do Gas Natural.

Cada grupo disporá dunha clase para achegarse a estes coñecementos coa axuda  dos monitores da Fundación Gas Natural Fenosa. Eles serán os encargados de guiar ao noso alumnado cunha serie de actividades participativas e de descubremento para coñecer este importante recurso enerxético. Trátase dunha actividade participativa que aplica técnicas de deducción e incorpora ferramentas dixitales de realidade virtual e realidade aumentada e desenvolve as intelixencias múltiples do alumnado.

Velai o programa de actividades para estes tres días de remate de trimestre.

 

Mércores 21

Xoves 22

Venres 23

2ª hora
9.35 / 10.25

ESO 3º B

UPOL 3

 

ESO 4º C

UPOL 3

 

ESO 3º A

UPOL 3

 

4ª hora
11.30 / 12.20

ESO 3º C

UPOL 3

 

ESO 4º D

UPOL 3

 

ESO 4º A

UPOL 3

 

6ª hora
13.25 /14.15

ESO 4º B

UPOL 3

 

ESO 3º D

UPOL 3

 

 

Encontro do alumnado de 3º ESO co escritor Héctor Cajaraville. 13.III.2018 (Quen dixo meigallo!)

 

Quen dixo meigallo!

O vindeiro martes e 13 o Departamento de Lingua e Literatura Galegas programa un encontro do alumnado de 3º da ESO co escritor Héctor Cajaraville. 

Terá lugar durante a 5ª hora non Salón de Actos. 

http://www.europapress.es/galicia/noticia-hector-cajaraville-ganador-premio-xerais-novela-esto-maximo-puede-esperar-primer-novela-20150607120150.html

Derradeira sesión do programa Suprime o Control

O martes 20 de febreiro puxemos fin ás sesións co alumnado do Programa para a Prevención da Violencia de Xénero que durante tres martes realizaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO.

Próximamente convidaremos tamñen aos pais e nais a participar nunha nova sesión de traballo sobre este tema tan importante.

Suprime o Control. Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero

Durante os martes, días 30 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO terán ocasión de participar no Programa de Prevención da Violencia de Xénero que promove a Deputación Provincial, baixo o título Suprime o Contro(enlace)  

Ao longo destas tres sesións cada un dos grupos de 3º e 4º reflexionarán e traballarán sobre a construcción de identidades igualitarias; o fortalecemento da intelixencia emocional e resolución de conflitos; e identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico.

Para achegarse a estes temas fomentarase unha aprendizaxe cooperativa e participativa que empregará as TIC's como ferramenta indispensable. 

Como remate proporase a realización de microrrelatos que servirán para a realización dunha curtametraxe como a que agora presentamos froito do traballo dos alumnos e alumnas do CPI Fonte_Díaz de Touro,  no ano pasado.

 

A curta está gravada no propio centro, dirixida por Sergio Louzao Alonso e protagonizada por Rocío Sanín Fontenla e Xián Barreiro, coa colaboración do resto do alumnado de 3º da ESO e do profesorado.

  

Metamorfose (VOS) from DELOGA on Vimeo.

Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes…

Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.

 

Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.

E sabedes que?

Fíxoo.

 

Entón recoñeceuse de novo diante do espello.”

Sergio Louzao Alonso

Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas: Drogas sintéticas, alcohol e tabaco.

Nova semana e nova participación do noso Instituto no Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas.  

Desta volta serán os alumnos e alumnas de 3º da ESO que entre o luns e o mércores abordarán en profundidade temas como a adición a drogas sintéticas ou ao alcohol e ao tabaco.

Como sempre,  dirixidas polo psicólogo, e máis que curtido nestas lides, Juan Carlos Prados.

Samuel Mountoumnjou: "Afrique contée"

O venres 24 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO que cursa a materia de francés terá a oportunidade de achegarse a esa lingua por medio das narracions tradicionais africanas de Samuel Mountoumnjou. Sertá no Salón de Actos durante as terceira e cuarta horas.

 

 

Distribuir contido