3º ESO

Novas fotografías na 'Iniciación ao Jugger' cos 3º da ESO

Novas aportacións gráficas ao álbum desta actividade que se está a desenvolver nunha sesión de clase de educacion física con distintos grupos do centro e que temos que agradecer aos membros da Asociación Xuvenil Jugger Betanzos.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Jugger 3ºESO

Álbum da galería de imaxes Golf 3º ESO 2019

Con semanas de diferencia, rematamos as visitas cos 3º da ESO ao campo de Golf de Paderne. Esta pasada semana tocoulle por fín o turno ao alumnado de 3º A. Actualizamos entón o álbum na galería fotográfica do centro ca reportaxe en imaxes desta sesión e o damos por pechado. En total, o álbum recolle 63 instantáneas, que recollen momentos desta experiencia de aprendizaxe que tanto desfrutou o alumnado.

A vindeira semana, de novo da man de José Permuy do departamento de Educación Física comeza de novo unha actividade similar pero co alumnado de 1º da ESO da que vos iremos dando conta, tanto na páxina coma na galería fotográfica.

 

 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Golf 3ºESO

Visita ao MUNCYT para os 3º da ESO

muncyt

 

 

 Martes 26 e Xoves 28 de marzo

Visita do alumnado de 3º da ESO ao MUNCYT da Coruña para a realización dun obradoiro de Electricidade e Electrónica e máis unha visita guiada. De 9:35 ata as 13:25 aproximadamente.

3º A e 3ºB martes 26
3º C e 3ºD xoves 28

 

 

'Espazos Baleiros' nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO

A nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO titorado por José Manuel Rey Bao lévanos aos 'Espazos Baleiros'. Estas fotografías, expostas nos taboleiros da planta baixa do edificio principal fronte á sala de profesores, nos levan a ollar lonxe da presencia de persoas, diferentes rúas, prazas e lugares da nosa vila.

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Espazos baleiros

Videocríticas do alumnado de 3º da ESO (parte 2). Lingua Castelá e Literatura.

O alumnado de 3º da ESO, con David del Río profesor de Lingua Castelá e Literatura, vén de realizar unhas interesantes videocríticas das que enlazamos aquí a segunda entrega dunha selección. Noraboa a todo o alumnado polo seu traballo e, tamén, por compartir os seus videos, reflexións e recomendacións literarias.

7 de marzo: Roteiros Betanzos en Feminino para os 3º da ESO

betanzos en femenino

 

 

 

 O vindeiro xoves 7 de marzo:

 

Organizado polo equipo da Biblioteca e a oficina de turismo do Concello de Betanzos.

Turnos:

Grupos Horarios
 ESO 3º  B e C de 10:40 a  12:20
 ESO 3º  A e D de 12:35 a 14:15

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Videocríticas do alumnado de 3º da ESO (parte 1). Lingua Castelá e Literatura.

O alumnado de 3º da ESO, con David del Río profesor de Lingua Castelá e Literatura, vén de realizar unhas interesantes videocríticas das que enlazamos aquí a primeira entrega dunha selección. Noraboa a todo o alumnado polo seu traballo e, tamén, por compartir os seus videos, reflexións e recomendacións literarias.

Iniciación ao Jugger para os 3º ESO e 1º de BAC

Ao longo destas semanas, durante as clases de educación física, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato está a disfrutar dunhas sesións de iniciación ao Jugger en colaboración coa Asociación Xuvenil Jugger Betanzos.

O Jugger é unha actividade deportiva de equipo baseada na habilidade e a estratexia dos xogadores. A finalidade de cada equipo é facerse ca pelota no centro do campo e levala ata a base contraria para marcar un tanto. O equipo que máis anote será o gañador.

A vista das imaxes, todos/as parecen gañadores/as.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Jugger 3ºESO

Iniciación ao Golf en Paderne para 3ºC e 3º D

Golf paderne

 

Organizado por José Permuy do departamento de Educación Física.

Mércores 27 de febreiro

ESO 3º C de 12:05 a 13:25 aprox.
Xoves 28 de febreiro ESO 3º D de 09:15 a 10:40 aprox.

 

En caso de mal tempo, se realizará a vindeira semana.

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 3º de ESO C e D

Martes 26 de febreiro

prevención cannabis

Charla para 3º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de drogas de síntese organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 3º D 16:20 a 15:10

ESO 3º C 17:10 a 18:00

Concello Betanzos
Distribuir contido