3º ESO

#Pareidolia 2019/20. Traballos orixinais do alumnado de #EPVA de 3º ESO

Un curso máis, o alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual, volve a experimentar coa pareidolia. En concreto, miren onde miren, atopan caras nos lugares máis insospeitados do noso entorno.

Para ollar doutro xeito, a través ou non, dunha cámara.

#Meteoescolas Aguiar, Toleou o tempo? Intro radiofónica e instrumentos feitos en clase de Tecnoloxía

Novas aventuras do equipo de profesoras impulsoras do proxecto Meteoescolas 

Toleou o tempo?

Que o profesorado asiste a unha formación do, tamén novo, proxecto Radio na Biblio, pois aproveitamos e explicamos, nunha breve cuña radiofónica,  os nosos motivos... 

Que os 3º da ESO teñen un anaquiño libre no taller de Tecnoloxía ..., pois que constrúan instrumentos para realizar medicións meteorolóxica.

Achégase bó tempo, a sol xusta e a choiva necesaria, para que maduren os froitos duns, quén sabe, futurxs meteorólogxs.

meteoescolas meteoescolas
meteoescolas meteoescolas

 

 

Charla/obradoiro para 3º da ESO: Comunicación Emocional

comunicacion emocional

Charla/obradoiro para 3º da ESO: Comunicación Emocional dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos.

Mércores 29 Xaneiro

ESO 3ºD 9:35 a 10:25

ESO 3ºA 10:40 a 11:30

Luns 3 Febreiro

ESO 3º B 9:35 a 10:25

ESO 3º C 10:40 a 11:30

Concello Betanzos

Charla/obradoiro para 3º da ESO prevención de consumo de drogas de síntese

prevención drogas síntese

Charla/obradoiro para 3º da ESO: prevención do consumo de drogas de síntese dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos.

Mércores 22 Xaneiro

ESO 3ºC 10:40 a 11:30

ESO 3ºA 11:30 a 12:20

Luns 27 Xaneiro

ESO 3ºD 10:40 a 11:30

ESO 3ºB 11:30 a 12:20

 

Concello Betanzos

Galería de fotos da visita ao MUNCYT DOS 3º de ESO Tecnoloxía

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Visita MUNCYT 3º ESO Tecnoloxía

Visita ao MUNCYT dos 3º da ESO

O alumnado de 3º da ESO comeza este ano novo 2020 repasando conceptos de Tecnoloxía e visitando o MUNCYT de A Coruña. O plan, organizado polos profesores de Tecnoloxía Juan Neira e Ángela Vázquez, é o de facer un pequeno percorrido polo museo e realizar experiencias de electricidade e electrónica. Sairán do instituto ás 9:30 e teñen a súa chegada prevista sobre ás 13:25.

MUNCYT 

 

Día Grupos
mércores 8 xaneiro 3º A e B
venres 10 xaneiro              3º C e D

 

 

Premede aquí e accederedes á galería fotográfica da mesma actividade o curso pasado.

Saídas fotográficas por Betanzos dos 3º da ESO

 

fotografiaencurso

Ao longo desta semana, o alumnado dos grupos A, B eC de 3º da ESO, acompañados por  Julián Ferrer (Dpto Hª) e J.M. Rey (Dpto. Artes Plásticas), fará un percorrido introdutorio polo Casco Histórico e o trazado urbano da cidade medieval de Betanzos a modo de estímulo da mirada fotográfica. A actividade ten carácter gratuito e está vinculada ao proxecto 'Fotografía en curso' e servirá como achegamento para un posterior traballo fotográfico.

 

 

 

 

 

Grabación audiovisual programa Publigualdade 3º ESO. Galería de fotos

Compartimos instantáneas da grabación audiovisual ca que culminou o obradoiro Publigualdade que tiveron os 3º da ESO. 

Os voluntarios para esta grabación o fixeron francamente ben. O decorado non puido ser máis acorde coas datas, agardamos impacientes a ver o resultado final desta grabación coral xunto con outros IES.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Grabación audiovisual obradoiro Publigualdade 3ºESO

Actividade de iniciación á escalada no Rocódromo de Lugo para os 3º da ESO

rocódromo lugo

Ao longo das vindeiras semanas, o alumnado de 3º da ESO realizará unha actividade de iniciación á escalada, complementaria da materia de Educación Física, no recentemente estreado rocódromo de lugo.

6 de novembro 3º A e B

13 novembro 3º C e D

 

Obradoiro 'Publigualdade' 3º ESO [2ª sesión]

publigualdade aseduc

 

Xoves 24 de outubro 2019

2ª sesión do programa PUBLIGUALDADE.

No Salón de Actos nos seguintes horarios:

Grupos Horario
3º C e 3º D de 10:40 a 11:30

3ºA e 3ºB

de 11:30 a 12:20

 

Programa  PUBLIGUALDADE, subvencionado pola Deputación da Coruña, co cal se pretende sensibilizar á mocidade sobre a igualdade e a violencia de xénero e mesturar os coñecementos que posúen xunto as ferramentas publicitarias, para poder coñecer os efectos negativos das mesmas.

Distribuir contido