Hoxe, 30 de xaneiro, o noso alumnado lembra mediante xogos a importancia dos dereitos humanos e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, reforzando o seu desenvolvemento como cidadás críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dereitos doutras persoas.
Este luns, dous membros da asociación "A merdeira" do Casco Vello de Vigo achegáronse ao noso centro para presentarnos o Entroido galego e principalmente o personaxe do Entroido vigués, "o merdeiro" que estivo silenciado durante a época da posguerra por ser incómodo para o réxime. Descubrimos de onde vén o seu nome, o porqué da súa vestimenta e máscara e as súas orixes.
Un ano máis tivemos a oportunidade de desfrutar co espectáculo de Contacontos en inglés e galego, esta vez con Charo Pita e Alice Fernback, dúas magníficas narradoras que nos deleitaron coas súas historias.
Nesta ocasión foi o alumnado de 1° e 3° da ESO quen tivo a ocasión de desfrutar desta forma orixinal de contar novos e vellos relatos e do humor e a profesionalidade destas dúas artistas do relato oral. E quedaron encantados!
Continuamos con outra achega ao noso proxecto Escribir con arte.
O alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unha charla formativa arredor da prevención e detección do VIH.
O alumnado de 1º C da ESO traballou na materia de inglés para o proxecto de Centro ESCRIBIR CON ARTE. Os traballos versan sobre descricións de obras de arte coñecidas coma o Discóbolo de Mirón ou cadros de Van Gogh.
Sen dúbida, a nosa rapazada está sumerxida neste traballo que está a afondar no coñecemento interdisciplinar.
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración recordando a data de nacemento do escritor de Rianxo que dá nome ao noso centro.
Nós homenaxeámolo sempre e especialmente nestes días; por iso propoñémosvos algunha lectura del para a Hora de Ler.
Primeiras mostras do alumnado de Educación Plástica para o proxecto Escribir con Arte. Nelas abordan a temática do movemento.
O pasado venres 19, un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participaron na Olimpíada Matemática Galega 2024.
Para realizar as probas acudiron á Facultade de Matemáticas da USC e competiron contra outros case 150 alumnos de toda a xeografía galega. Nestas probas, que duraron toda a xornada, o estudantado participante enfróntase a un total de seis problemas, en que o enxeño e a creatividade xoga un papel importante cara a súa resolución.
Dende aquí queremos felicitar a Martín, Carlos, André, Sabela, Daniela, Juan José e Sergio. Estamos moi orgullosos dos vosos resultados e agardamos que esta sexa unha desas experiencias que non se olvidan da estapa educativa. Grazas, tamén, á nosa profesora Andrea por os acompañar e a Miguel por os preparar.