O día 5 de decembro ficará gravado na historia do IES Castelao pola visita de Bernardo Atxaga.
O acto foi presentado polos nosos alumnos Héctor Barbosa e Sandra López coa colaboración do profesor Ramón Nicolás. Eles deron paso aos distintos momentos en que se dividiu o encontro.
A primeira parte consistiu nun recital de poemas tirados da obra de Atxaga, Exteriores do Paraíso, e dunha escolma da literatura galega. As sinerxias entre o euscaldún e os autores elixidos púxose de manifesto nas voces do noso alumnado, co acompañamento musical da man das nosas pianistas Antela Pedrido e Carmen Bastos.
Lecturas:
-“Escribo nunha lingua estraña” (Clara González) - “Letanía de Galicia”, de U. Novoneyra (Carmen Bastos, Jenni Rodríguez, Xan Carrera, Pablo López, David Giráldez, Hugo Alonso e Rodrigo Fernández Porteiro).
-“O grilo é un poeta monótono” (Julieta Núñez) - “Respice finem”, de Vázquez de Neira (Uxía Marinho).
-“O dicionario das pedras” (Lucía González) - “Longa noite de pedra” , de Celso Emilio Ferreiro (Bruno Alonso).
- “Sobre o paraíso con trombón” (Diana Labbad) - “Blues”, de M. Rivas (Alexandra Alonso).
- Egun finlandiar bat (Garikanorekin hizketan telefonoz) (lectura en éuscaro por Isaac Elcorrobarrutia) - “Un longo día finlandés” (tradución ao galego e lectura a cargo de Nicole Alonso, Marcos López e Sara González).
A seguir, Bernardo deleitonos coas súas anécdotas vitais e literarias, conseguindo ter prendados os asistentes.
Para a ocasión o Paraninfo Xela Arias foi adobiado con traballos do alumnado de Expresión Artística que se inspirou na obra de Bernardo Atxaga Exteriores do Paraíso. (Selene Abalde, Laura Castro Rivero, Sofía Gallego Alonso; Taxia da Cunha da Silva, Antía Álvarez Pillado, Breixo Merino Gómez; Carmen Martínez Noguerol).
Finalizamos o acto coa interpretación da canción popular “A miña burriña”, que tanto lle gustaba a Francisco Fernández del Riego. O noso cantareiro e pandereteiro Leo Noel foi, ademais, quen lle entregou un agasallo moi especial en nome de toda a comunidade educativa do IES.
Estamos no tempo de contar historias a carón do lume, tempo de neve, de aventuras, de soños, de peticións, de reunións, de esperanza. Mais tamén tempo de frío e de soidade.
Apetéceche contar una historia tenra ou unha non tan feliz?
Idear un final inesperado ou o máis romántico que se poida imaxinar?
Unha historia branca, un relato de luz, unha narración de soidade, unha de reencontros, de soños cumpridos, de atrancos, de esperanza, de decepción, de felicidade, de vidas cruzadas…?
Anímate e participa no
Concurso de Microrrelatos de Inverno
da Biblioteca Ramiro Fonte.
Desde o mes de setembro a policía local ven traballando con todos os grupos de ESO a importancia dos nosos estilos comunicativos e das nosas emocións nos desprazamentos activos cotiáns.
É moi importante dar respostas axeitadas e seguras as distintas situacións viarias, non só de conductores, se non tamén de peatóns, dos viaxeiros e viaxeiras, e de todos os usuarios e usuarias.
Todos e todas temos que contribuír á mobilidade segura e saudable.
O vindeiro martes 5 de decembro contaremos coa visita de toda unha celebridade da literatura: Bernardo Atxaga.
Seguimos avanzando no noso proxecto interdisciplinar a partir da arte coordinado dende a Biblioteca Ramiro Fonte. Neste caso a vertente EMOCIÓN - ARTE,
O alumnado cuestionouse: que sinto? como me atopo? que quero expresar?
Na última semana do mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO participaron en dúas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nas que se abordaron dúas temáticas:
Con estas charlas preténdese concienciar as alumnas e alumnos da importancia do bo trato, do respecto, e do dereito de todos e todas á protección da súa integridade física e moral.
As alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO veñen participando ao longo do mes de novembro no programa “Non pasa nada, pasa algo?” do Concello de Vigo.
Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre drogas, na nosa comunidade, a maior parte dos e das adolescentes inícianse no consumo de sustancias psicoactivas entre os 14 e os 16 anos.
Desde o ámbito educativo temos que traballar para reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo de alcohol, de drogas, e os consumos dixitais inapropiados.
O venres 24 de novembro o alumnado do grupo de regueifas, xunto a parte do alumnado de 2º ESO A e C acudiron ao IV Certame Escolar Provincial de Regueifas organizado pola Asociación Oral e apoiado pola Deputación de Pontevedra.
A sede foi unha vez máis a Asociación de Valadares, onde acudiron dez centros seleccionados entre todos os que participaron nos obradoiros de regueifa impartidos nos meses de outubro e novembro. Na primeira fase subiron dez alumnos e alumnas do noso centro a regueifar nas diferentes rondas. Na segunda fase, onde seleccionaron soamente a vinte regueifeiros e regueifas, pasaron Noelia e Mateo. E finalmente, na fase final onde só seleccionaron a catro persoas, conseguiu entrar Noelia, quen recibiu unha tableta como agasallo.
O alumnado de 3º da ESO leva participando todo o trimestre nos Obradoiros de sensibilización en materia de estranxeiría, impartidos pola asociación Médicos do Mundo. Esta actividade ten como obxectivo a concienciación da defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes, así como favorecer a convivencia e a cohesión social.
Si cantan, es ti que cantas; si chora, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora... Rosalía de Castro |
As alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º de bacharelato elaboran flores en lembraza de todas e cada unha das vítimas de violencia machista do ano 2023. |