Encontro literario con Bernardo Atxaga

O vindeiro martes 5 de decembro contaremos coa visita de toda unha celebridade da literatura: Bernardo Atxaga.

   

O laureado escritor euscaldún (Premio da Crítica, Premio Nacional de Narrativa, Premio Nacional de las Letras) virá falar da súa obra, con atención especial á súa última publicación, Exteriores do Paraíso.


Será un encontro literario para o noso alumnado de 1º de bacharelato e o Club de lectura, con sorpresas para o autor e os asistentes.

Para non perder!