Charla Merdeiros 29 xaneiro

Este luns, dous membros da asociación "A merdeira" do Casco Vello de Vigo achegáronse ao noso centro para presentarnos o Entroido galego e principalmente o personaxe do Entroido vigués, "o merdeiro" que estivo silenciado durante a época da posguerra por ser incómodo para o réxime. Descubrimos de onde vén o seu nome, o porqué da súa vestimenta e máscara e as súas orixes.

Ademais de traer consigo os dous merdeiros conferenciantes, Xacobe e Águeda, traxe e máscaras para que vise o noso alumnado, escolleron a dous voluntarios entre o alumnado de 2ESO e PDC para ser merdeiros por un día. E así vestidos, merdeiraron polo centro diante. Temos probas!!!

Parabéns a asociación "A Merdeira" pola súa encomiable labor de recuperación e transmisión educativa da figura do Merdeiro. Grazas por virdes ao noso centro. Contamos con vós para o vindeiro ano.

 

Viva o Entroido!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Charla merdeiros