Saltar navegación

Audio e Letra

Escoitando a canción

O Voso Galo Comadre

Canción Popular Galega

La la la la la la la la.

O voso galo comadre

téñeno mal enseñado. BIS

Vai cantar todas as noites

enriba do meu tellado.

enriba do meu tellado.

Ai la le lo ai la la lo.

RETROUSO:

Para vir a xunt'a min,

Para vir a xunt'a min,

vai lavar a cara, vai lavar a cara,

vai lavar a cara galopín. BIS

Eu queríame casare

miña nai non teño roupa. BIS

Casa miña filla casa,

que unha perna tapa a outra.

que unha perna tapa a outra.

Ai la le lo ai la la lo.

RETROUSO:

Para vir a xunt'a min,

Para vir a xunt'a min,

vai lavar a cara, vai lavar a cara,

vai lavar a cara galopín. BIS


Túa nai e mais a miña

quedan no río berrando, BIS

por culpa d'unha galinha

que ten amores c'o galo.

que ten amores c'o galo.

Ai la le lo ai la la lo.

RETROUSO:

Para vir a xunt'a min,

Para vir a xunt'a min,

vai lavar a cara, vai lavar a cara,

vai lavar a cara galopín. BIS