Tarefas de Ampliación
PROPOSTA 1.- Ficha Técnica da canción
- Unha boa investigación musicolóxica require unha recollida e rexistro de información sobre a canción.
- Cubrindo esta ficha técnica sobre a canción "Na Beira do Mar" profundizaremos no seu sentido e disfrutaremos moito máis escoitándoa e interpretándoa.
- Descarga a ficha facendo clic na libreta de arriba.
- Para realizar a investigación busca fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive, o noso arranxo musical...
- Cando remates envía a ficha técnica cuberta por ENTREGA TAREFAS 2.
Ficheiros adxuntos
PROPOSTA 2.- Investigación Musicolóxica
1.- Coñecendo máis datos sobre "Na Beira do Mar" e o seu entorno inmediato, comprenderemos o seu sentido e o seu momento histórico. Isto permitiranos conectar coñecementos e sensacións ampliando a nosa relación coa canción.
2.- Para a vosa investigación musicolóxica debedes escoller e centrarvos nalgún tema ou personaxe relevante que espertara a vosa curiosidade. Aquí propoñemos 3 opcións; podedes escoller unha ou propor vós outra diferente:
- A música popular galega. Características e obras máis importantes.
- Biografía musical de Ana Kiro e a súa importancia na música popular galega.
- Repertorio de música popular galega de tradición oral.
- Outro tema do voso interese relacionado con "A Beira do Mar".
3.- Para realizar a investigación buscade fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive...
4.- Volcade os datos máis importantes nunha PRESENTACIÓN e enviádea por ENTREGA TAREFAS 2.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0