Saltar navegación

Audio e Letra

Escoitando a canción

Pousa, Pousa

Muiñeira Nova

Retrouso: (BIS)

E pousa, pousa, pousa

E non me toques naquela cousa,

E pousa, pousa e axiña

E non me toques naquela cousiña.

Fun a taberna de meu compadre

Fun polo vento e vin polo aire, (BIS)

E como cousa de encantamento

Fun polo aire e vin polo vento. (BIS)


Retrouso: (BIS)

E pousa, pousa, pousa...


Murmuraban as miñas veciñas

Que eu andaba co crego nas viñas, (BIS)

Iso e verdade eu non o nego

Que eu aduben a loitas co crego. (BIS)


Retrouso: (BIS)

E pousa, pousa, pousa…


Cando me case xa teño un galo

Xa miña nai non mo ten que dalo,(BIS)

Cando me case xa teño un polo

Xa miña nai non me ten que dar todo. (BIS)


Retrouso:

E pousa, pousa, pousa

E non me toques naquela cousa,

E pousa, pousa e axiña

E non me toques naquela cousiña.