Saltar navegación

Audio e Letra

Escoitando a canción

Catro Vellos Mariñeiros

Canción Popular Galega

José Travieso Quelle

Catro vellos mariñeiros,

Catro vellos mariñeiros.

Todos metidos nun bote.

Voga, voga, mariñeiro;

Imos pra Viveiro,

Xa se ve San Roque. (BIS)


Ai lalelo, ai lalalelo.

Ai lalalelo, ai lalalalá. (2 BIS)


Os mariñeiros traballan,ballan,

De noite coa luz da lúa.

Dá gusto velos chegare

Pola mañá cedo cheirando a frescura. (BIS)


Ai lalelo, ai lalalelo....

Levo sardiña e bocarte,

Levo sardiña e bocarte.

Vendo xurelo pequeno.

Rapaciña de Viveiro,

Ven busca-lo lote do teu mariñeiro. (BIS)


Ai lalelo, ai lalalelo...