Skip to Content

Infantil e primaria, Secundaria

Guía de suxestións: Ciencia e literatura

Presentámosvos unha guía de suxestións de lectura relacionada coa ciencia. Agardamos que vos guste.

III Concurso Investigación e Ciencia

A biblioteca organiza en colaboración con departamentos de ciencias o terceiro concurso INVESTIGACION E CIENCIA. Trátase de que realices unha investigación caseira e a poñas por escrito do xeito máis profesional posible. Está dirixida a todos os alumnos de ESO pero principalmente para os de 3º e 4º, que xa coñecen os fundamentos do método científico. Animádevos, podedes gañar un agasallo polo voso esforzo. Tedes ata o 13 de decembro para presentar os traballos, ben a man o a ordenador. Podedes mandalos a sansafq@gmail.com ou entregarllos en persoa ao profesor de Física e Química. No documento que se xunta podedes atopar os detalles da convocatoria.

Guía de suxestións para o verán

Estas son as nosas suxestións para o verán.

Imaxe de biblioip

TOLOS POLA CIENCIA: SUXERENCIAS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Despois da celebración da Semana da Ciencia, Sansiño recoméndavos algunhas lecturas para este verán que vos fagan disfrutar, amosar interese, descubrir, satisfacer curiosidades, investigar... É dicir, convertirvos nuns CURIOSOS POLA CIENCIA.

Disfrutade das lecturas e das vacacións.

Imaxe de biblioip

DÍA DO LIBRO 2013.

O 23 de Abril celebramos a 1ª Feira do Troco-libro no noso centro. O lema era un libro por un libro e grazas á participación do alumnado o intercambio de libros foi un éxito.

Visita da escritora Medos Romero

O pasado 24 o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla-coloquio
da escritora Medos Romero. Presentámosvos unha guía que vinmos de
elaborar en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica o cal
organizou esta actividade.

Imaxe de biblioip

OS MAIORES TAMÉN CONTAN.

Resumo das lecturas compartidas polas familias na hora de ler nos meses de febreiro, marzo e abril.

Imaxe de biblioip

DÍA DA POESÍA 2013

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. A Biblioteca de Sansiño invitou á escritora de San Sadurniño Mª Teresa Pouso López a ler algúns poemas aos nenos de infantil e Primaria.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este 8 de marzo quixemos lembrar a unha científica recentemente falecida: Rita Levi-Montalcini.  Tamén podes atopar a nosa homenaxe  á científica italiana no noso blog Bibliosansa. Se desexas coñecer outras actividades realizadas polas bibliotecas escolares galegas preme aquí.

Imaxe de biblioip

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

O mércores 20 de febreiro os alumnnos de 5º de infantil e de 1º e 2º de primaria fomos a Santiago de Compostela.

Primeiramente asistimos a un concerto da Banda Municipal con pezas musicais das películas de Disney. Despois de xantar na Alameda realizamos un pequeno percorrido pola cidade.

Premendo na imaxe podedes ver algunhas imaxes deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut