Aberto prazo para presentar proposicións, suxestións ou recomendacións: do 25 de abril ao 3 de maio.
Enlace á páxina web da Consellería de Educación onde se pode consultar toda a información
O claustro do CPI San Sadurniño manifesta o seu rexeitamento ao proxecto de comedor onde se desvincula a gratuidade do servizo ao feito de ser usuario do transporte escolar polos seguintes motivos:
-Un alumno non pode ser obrigado a pagar un servizo complementario necesario para a súa escolarización. Nas zonas rurais con alumnos transportados a longas distancias non teñen garantizada a súa escolarización sen o acceso aos servizos complementarios.
-A cambiante situación económica actual dificulta o establecemento do baremo ao longo polo menos dun curso escolar.
-Non establece que medidas tomarán as direccións dos centro cos alumnos que manifesten o seu desexo de non utilizar o servizo de comedor.
TÁBOA RESUMO DOS DIFERENTES TIPOS DE USUARIOS SEGUNDO O NIVEL DE RENDA
|
RENDA FAMILIAR ANUAL NETA PER CÁPITA |
CANTIDADE A ABOAR |
|
ZONA DE INFLUENCIA |
Menor de 7000€ |
GRATUIDADE |
|
1 ou 2 menores |
Entre 7000,01€ e 8000€ |
1€ |
|
3 menores |
Igual ou superior a 7000,01€ |
||
1 ou 2 menores |
Entre 8000,01€ e 9000€ |
2,50€ |
|
1 ou 2 menores |
Igual ou superior a 9000,01 |
4,50€ |
|
FÓRA DA ZONA DE INFLUENCIA |
(independentemente da renda) |
4,50€ |