Cando o alumnado accede por primeira vez ao 3º curso da ESO debe comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros anuais que se abonan no momento de efectuar a matrícula). Trátase dun seguro que protexe aos estudantes menores de 28 anos que cursen estudos oficiais desde 3º da ESO.
Na páxina web da Seguridade Social atópase recollida toda a información sobre o devandito Seguro Escolar.