Skip to Content

INICIAMOS PREPARATIVOS PARA CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO CPI

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN: 50 ANIVERSARIO CPI de San Sadurniño 

 

50 Anos de Escola Pública…

50 Anos de Ensinanza…

50 Anos de Aprendizaxes…

50 Anos sendo unha Comunidade Educativa…

 

Unha escola que foi evolucionando e cambiando cos tempos, adaptándose, innovando, creando e formando diferentes xeneracións, como non podía ser doutro xeito.

O sábado 8 de xuño de 2024 foi un día especial no que familias, alumnado, docentes e persoal non docente compartimos momentos celebrando os 50 Anos do CPI de San Sadurniño. Unha celebración que foi posible grazas a TOD@S os que asistimos, un evento cheo de emocións e amenizado coa música do grupo “3D Band” e o DJ “Sebas”, que contou coa colaboración da comisión organizadora do CPI, profesorado implicado, ANPA e Concello.

Destacar e agradecer, entre outros, a presenza da primeira conserxe  que inauguró o noso cole aló polo 1974, Marina que anos despois lle pasou o testigo ao noso actual conserxe Juanjo.

                                                     GRAZAS por este día!!!

  

                Clica no ENLACE e escoita.                                        Clica na imaxe e desfruta.

 

 

 

 

 

 

O CPI de San Sadurniño, inaugurado o 10 de decembro de 1973, celebrará este curso 2023-2024 o seu 50º aniversario e imos celebralo como se merece:

  • Faremos unha exposición de fotos e materiais na que se reflicta a historia do centro ao longo destes anos.

  • Celebraremos un xantar popular ao final deste curso, aberto a toda a Comunidade Educativa.

 

E por iso, vos convidamos a participar:

  • Se contades con fotos que se poidan expoñer, deberedes envialas ao correo: 50cpisansa@cpisansadurnino.org, con isto AUTORIZAS á difusión da túa imaxe na exposición, vídeos e/ou calquera outro medio de reprodución audiovisual relacionado coa celebración do Aniversario do CPI de San Sadurniño. De ser posible especificarase a data (ano, década ou calquera outro dato de interese) das fotografías enviadas.

     

  • Se gardades materiais (libros, cadernos, traballos manuais.....) poderedes traelos ao centro en horario de mañá, e entregalos en secretaria. Deberán vir envoltos, co nome e un teléfono de contacto para poder devolvelos cando remate a exposición.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut