Durante o presente curso participaremos en 3 proxectos cos que se pretende achegar á aula, dun xeito práctico, unha visión realista do traballo científico.
O Proxecto Rios, desenvolto por ADEGA, pretende achegar o coñecemento do ecosistema fluvial ós alumnos. Realízanse saídas de campo para a recollida de datos e trátanse na aula para a elaboración de un informe "científico" sobre o estado de saúde do ecosistema. No noso caso traballamos no rio Xubia. A actividade máis significativa do proxecto, e tamén a que máis chama a atención do alumnado é a determinación da calidade da auga en base a organismos BIOINDICADORES. O proxecto comezou en outubro coa primeira saída de campo cos alumnos do PDC. En breve poderedes ver o informe elaborado polo alumnado. Podedes botarlle un olloó proxecto xeral de ADEGA no seguinte enlace. PROXECTO RÍOS
Coa participación no proxecto Ratos no laboratorio, de educaBarrié, pretendemos un achegamento ó xeito de traballar dos científicos, realizando cruzamentos con ratos para a aprendizaxe das leis de Mendel. O proxecto ten un enfoque eminentemente práctico. Comezará neste curso arredor do mes de Febreiro de 2013. RATOS NO LABORATORIO
O proxecto Una cebra en el agua comezará no noso centro en Febreiro de 2013 e pretende crear vocacións científicas no alumnado a través do traballo práctico no laboratorio con unha especie de peixe, o peixe cebra, Danio rerio, moi utilizado na investigación xenética. UNA CEBRA EN EL AGUA