O venres 11 todo alumnado que cursa a materia de Tecnoloxía acudiu ao espectáculo " O futuro é hoxe" de unha hora de duración. Non faltaron participantes, como vemos nas fotos, para descubrir a importancia das novas tecnoloxías e o deseño na nosa vida cotiá e o que implicarán estes campos no futuro máis próximo: Control de dispositivos mediante ondas cerebrais, realidade aumentada, mixta e virtual, o uso que se fai dos nosos datos na rede, a roupa intelixente,... son algúns dos temas que se explicaron.