A biblioteca organiza en colaboración con departamentos de ciencias o terceiro concurso INVESTIGACION E CIENCIA. Trátase de que realices unha investigación caseira e a poñas por escrito do xeito máis profesional posible. Está dirixida a todos os alumnos de ESO pero principalmente para os de 3º e 4º, que xa coñecen os fundamentos do método científico. Animádevos, podedes gañar un agasallo polo voso esforzo. Tedes ata o 13 de decembro para presentar os traballos, ben a man o a ordenador. Podedes mandalos a sansafq@gmail.com ou entregarllos en persoa ao profesor de Física e Química. No documento que se xunta podedes atopar os detalles da convocatoria.
Aquí podedes consultar en detalle a programación didáctica do departamento de Física e Química para o curso 2013-2014. Lembrade que na reunión de presentación do curso os pais recibirán impresa unha versión reducida de consulta rápida.
Para calquera dúbida, contactar no centro co xefe de departamento: Juan José Guillín Fraga.
AQUÍ PODEDES BOTARLLE UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN COMPLETA DO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA PARA O CURSO 2012-2013. LEMBRADE QUE NAS REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO OS PAIS RECIBIRÁN UN RESUMO DE CONSULTA RÁPIDA