O 23 de Abril celebramos a 1ª Feira do Troco-libro no noso centro. O lema era un libro por un libro e grazas á participación do alumnado o intercambio de libros foi un éxito.
Na hora de ler o alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria e algún alumno de 2º compartiron lecturas cos rapaces/zas de Educación Infantil e 1º ciclo de E.Primaria. Antes das lecturas Sansiño enviou unhas tarxetas para que cada afillado puxese o seu nome e despois en cada curso facer o reparto de afillado/a - padriño ou madriña lectora.
Cada padriño/madriña preparou a lectura ao longo da semana e o día 23 acudiu ás aulas a buscar ao seu afillado/a e compartir un sitio do colexio para ler (un banco, debaixo dunha árbore, nunha clase, nos corredores... e mil e un sitios diferentes). Grazas a todos por este momento lector tan bonito.