Skip to Content

Infantil e primaria, Secundaria

Imaxe de biblioip

DÍA DA PAZ 2013

O día 30 de xaneiro de 2013 os alumnos de infantil e primaria celebramos o Día da Paz, que este ano dedicámola a Picasso e ao seu cadro "Guernica".

Todos os alumnos interpretamos unha versón da canción de Horacio Guaraní "Recital pola paz".

Os alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria formaron unha "Orquestra pola paz".

Imaxe de biblioip

VISITA DE ANTONIO RODRÍGUEZ MENÉNDEZ

O 14 ds decembro tivemos a sorte de contar coa presenza de Antonio Rodríguez Menéndez, creador e impulsor do proxecto Farenheit 451 "As persoas libro".

Tivo unha xuntanza cos alumnos de quinto e sexto de primaria aos que lles propuxo recitar en voz alta algúns fragmentos de libros, ensinándolles a dicir os textos mirando aos demais, valorando os silencios, facendo unha "lectura vinculada" con quen nos escoita e co libro que lemos.

150 anos de Cantares gallegos

O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca realizamos un documento co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Con el queremos conmemorar o Día de Rosalía de Castro que se celebraŕá o vindeiro 24 de febreiro. Agardamos que vos guste.

 

Imaxe de biblioip

OS MAIORES CONTAN MOITO NA BIBLIOTECA DE SANSIÑO

Iniciamos a segunda etapa da actividade "Os maiores tamén contan" e igual que o curso pasado continuamos coa colaboración das familias que comparten as súas lecturas favoritas na hora de ler.

Cada mes faremos un resumo das visitas recibidas na biblioteca. Grazas por participar e por compartir a hora de ler.

 

Libros para o Nadal: suxestións de literatura fantástica para a ESO

Imaxe de biblioip

RECITANDOCELSOEMILIO

O día 12 do 12 do 2012 ás 12,00 horas participamos na lectura colectiva do poema "Deitado frente ao mar", de Celso Emilio Ferreiro. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para conmemorar o centenario do nacemento deste escritor.

A esta mesma hora moitos rapaces e rapazas doutros colexios de Galicia participaron nesta lectura colectiva.

 

 

Guía de suxestións de lectura "Mulleres e ciencia"

Esta é a guía que vimos de elaborar con suxestións de lectura sobre mulleres científicas. Agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.

INSTRUCCIÓNS DOS TRABALLOS DE EF

Aquí tendes as instruccións para levar a cabo o traballo de EF do alumnado de 1º e 2º da ESO

MÓVETE E INFÓRMATE

ESTA É A LIGAZÓN DO SITIO WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA. NELA ATOPARÁS MATERIAL RELACIONADO COA MATERIA

https://sites.google.com/site/efmontseferreira/

MÓVETE E INFÓRMATE

Resumen programación 2012-2013del Departamento de Francés

Programación resumida

Distribuir contido


by Dr. Radut