Skip to Content

Secundaria

Certame Literario 25 de novembro

 

A biblioteca do noso centro e o Equipo de Dinamización da Lingua convocan un ano máis o Certame Literario 25 de novembro (para 3º e 4º de ESO) no marco das actividades organizadas para o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Adxúntanse as bases do amentado certame.

VIII CONCURSO INVESTIGACIÓN E CIENCIA

 

O departamento de Física e Química do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o VIII Concurso “Investigación e ciencia” para o alumnado de secundaria. Anexamos as bases.

Roteiro literario: De Padrón a Pontevedra

O pasado 10 de maio, como sabedes, realizamos unha visita a Casa-Museo de Rosalía de Castro e a Pontevedra organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura. O EDLG e o Equipo da Biblioteca elaboramos un roteiro literario a partir do cal elaboramos unha presentación que adxuntamos aquí.

Roteiro literario: De Padrón a Compostela

O pasado xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou, coma xa sabedes, Padrón e Compostela. Trátabase  dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende a Biblioteca e o EDLN cun roteiro literario que elaboramos para que os seus textos fosen lidos na visita. Premede aquí se queredes coñecer o roteiro.

Día do Libro: Agasalla unha suxestión

O pasado mércores 25 de abril alumnas e alumnos de secundaria participaron nunha actividade para conmemorar o Día do Libro que chamamos "Agasalla unha suxestión". Consistía en regalar unha suxestión de lectura dun libro a outro compañeiro ou compañeira cuxo nome sacaban ao chou dunha bolsa.

 

Grazas ao alumnado participante!

Día do Libro: Exposición de fondos sobre Cervantes e Shakespeare

Lembrámosvos que ao longo desta semana e da próxima podedes visitar a nosa exposición de fondos sobre Cervantes e Shakespeare na sala de secundaria. Aproveitamos para facer unha pequena presentación con textos destes dous grandes escritores que anexamos nesta entrada.

 

EXPOSICIÓN DE FONDOS NA SALA DE SECUNDARIA: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ao longo deste mes de marzo expoñeremos na sala de secundaria fondos relacionados co Día Internacional da Muller. Tamén elaboramos unha pequena presentación con fotografías e textos de escritoras para que esta exposición "viaxe" a todas partes a través da Internet.

Día de Rosalía

Mañá mércores conmmeraremos o Día de Rosalía cun recital na sala de secundaria da biblioteca. Anímate e participa.

 

DÍA DA PAZ: EXPOSICIÓN DE FONDOS PARA ESO

Estamos a expoñer unha selección de fondos da nosa biblioteca sobre a paz na sala de secundaria. Atoparedes anexa unha presentación con fotografías sobre esta.

Guía de suxestións de Nadal: Cara a unha illa misteriosa de libros

Cara a unha illa misteriosa de libros. Benvidos e benvidas a Vernelandia é o título da nosa guía de suxestións de lectura sobre Verne para o Nadal. Preme aquí se queres vela.

Distribuir contido


by Dr. Radut