Skip to Content

Secundaria

Guía de suxestións de lecturas matemáticas

Esta é unha guía con libros e recursos web para secundaria sobre as Matemáticas.

Guía de suxestión de lectura

Aquí podedes atopar a nosa guía de suxestións de lectura de verán para secundaria.

 

 

Folliña voandeira: Bibliocienciando

Celebramos o Día do Libro cunha folliña voandeira titulada "Bibliocienciando" que empezamos a repartir hoxe, Día da Ciencia no noso centro.

Día de Rosalía

Este curso decidimos conmemorar esta data lembrando Follas novas

Día da Paz 2014

Ao longo da semana pasada realizamos diversas actividades relacionadas co Día da Paz:

  • Exposición de poemas sobre a paz no taboleiro da entrada.
  • Exposición de fondos relacionados coa paz na sala de secundaria da biblioteca.
  • Recital do Día da Paz para o alumnado do 1º ciclo de ESO. Participaron alumnos e alumnas dos catro cursos de secundaria recitando poemas relacionados coa paz de Miguel Hernández, Gloria Fuertes e Antonio Machado entre outros. Ademais, leron anacos do libro Trala liña do horizonte de Antonio García Teijeiro.

 Na nosa galería de imaxes podes atopar fotos das actividades realizadas.

Visita de Neira Vilas

O pasado xoves o escritor Xosé Neira Vilas presentou a súa última obra, Aquel neno, en San Sadurniño. No acto participou o alumnado de 3º e 4º de ESO do centro e nós, para conmemorar tan especial visita, realizamos este díptico.

 

 

Guía de suxestións de lectura de Nadal para ESO

Este curso decidimos elaborar unha guía de lectura de Nadal con libros e películas sobre a educación. Podédela atopar no noso blog.

Bo Nadal.

Guía de suxestións: Ciencia e literatura

Presentámosvos unha guía de suxestións de lectura relacionada coa ciencia. Agardamos que vos guste.

III Concurso Investigación e Ciencia

A biblioteca organiza en colaboración con departamentos de ciencias o terceiro concurso INVESTIGACION E CIENCIA. Trátase de que realices unha investigación caseira e a poñas por escrito do xeito máis profesional posible. Está dirixida a todos os alumnos de ESO pero principalmente para os de 3º e 4º, que xa coñecen os fundamentos do método científico. Animádevos, podedes gañar un agasallo polo voso esforzo. Tedes ata o 13 de decembro para presentar os traballos, ben a man o a ordenador. Podedes mandalos a sansafq@gmail.com ou entregarllos en persoa ao profesor de Física e Química. No documento que se xunta podedes atopar os detalles da convocatoria.

Guía de suxestións para o verán

Estas son as nosas suxestións para o verán.

Distribuir contido


by Dr. Radut