A Asemblea Xeneral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1992 a resolución pola que o 22 de marzo de cada ano se declara Día Mundial da Auga. Dende a biblioteca queremos contribuír a este día cunha selección de lecturas sobre a auga. Agardamos que vos guste e esperámosvos onde o mundo se chama biblioteca.
Co gallo do Día de Rosalía elaboramos unha guía con suxestións de libros e CDs. Agardamos que vos guste e lembrade que aquí atoparedes máis información sobre as propostas que as bibliotecas escolares están a desenvolver para este día.
Ao longo desta semana poderedes expoñer os vosos poemas de amor no noso "tendal da poesía". As opcións son diversas: copiar o teu poema favorito, crear un poema, elaborar un centón...
Aquí poderedes atopar as fotografías do tendal do curso pasado.