Skip to Content

Infantil e primaria, Secundaria

Folliña voandeira: Bibliocienciando

Celebramos o Día do Libro cunha folliña voandeira titulada "Bibliocienciando" que empezamos a repartir hoxe, Día da Ciencia no noso centro.

Imaxe de biblioip

MARCOS CALVEIRO FALA DOS SEUS LIBROS

O próximo luns contaremos coa presenza do escritor Marcos Calveiro, que nos falará de dúas das súas obras. Os alumnos de quinto, sexto e primeiro da ESO asistirán a un coloquio sobre a obra Palabras de auga. A continuaciòn o escritor falará cos alumnos de segundo e terceiro da ESO sobre a obra O pintor do sombreiro de malvas.

Para saber máis da súa creación literaria consultade esta guía:

 

Día de Rosalía

Este curso decidimos conmemorar esta data lembrando Follas novas

Día da Paz 2014

Ao longo da semana pasada realizamos diversas actividades relacionadas co Día da Paz:

  • Exposición de poemas sobre a paz no taboleiro da entrada.
  • Exposición de fondos relacionados coa paz na sala de secundaria da biblioteca.
  • Recital do Día da Paz para o alumnado do 1º ciclo de ESO. Participaron alumnos e alumnas dos catro cursos de secundaria recitando poemas relacionados coa paz de Miguel Hernández, Gloria Fuertes e Antonio Machado entre outros. Ademais, leron anacos do libro Trala liña do horizonte de Antonio García Teijeiro.

 Na nosa galería de imaxes podes atopar fotos das actividades realizadas.

Imaxe de biblioip

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2014

Para conmemorar o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz imos aprender moitas cousas sobre a vida de Nelson Mandela.

Aquí tedes unha pequena biografía, que podedes consultar premendo sobre a imaxe.

E para os máis pequenos podedes consultar este enlace:

 

As actividades que realizamos o día 30 foron as seguintes:

 

Shosholoza:

Esta canción é unha canción tradicional do sur de África. As orixes de Shosholoza remóntase á época das minas de ouro e diamantes de Sudáfrica. Cantábana os traballadores que se desprazaban en tren moi lonxe dos seus fogares de camiño ás minas, nunha época mandada pola explotación e a inxustiza duns cantos sobre a maioría.

A maior parte da súa letra está en zulú, unha das linguas oficiais de Sudáfrica. Fíxose coñecida grazas ao Mundial de Rugby que organizou Nelson Mandela en 1995.

E aquí tedes o baile que fixeron os alumnos de infantil e primaria cos seus profesores.

Visita de Neira Vilas

O pasado xoves o escritor Xosé Neira Vilas presentou a súa última obra, Aquel neno, en San Sadurniño. No acto participou o alumnado de 3º e 4º de ESO do centro e nós, para conmemorar tan especial visita, realizamos este díptico.

 

 

Guía de suxestións de lectura de Nadal para ESO

Este curso decidimos elaborar unha guía de lectura de Nadal con libros e películas sobre a educación. Podédela atopar no noso blog.

Bo Nadal.

Imaxe de biblioip

GUIA DE LECTURAS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS. NADAL 2013

Este curso imos traballar no Colexio sobre ss Dereitos Humanos. Nesta guía tedes varias suxestións de libros que nos falan dos dereitos das persoas e dos nenos ou de situacións nas que os Dereitos Humanos non se respectan. Aproveitade para pedirlle algún a Papá Noel ou aos Reis Magos.

Imaxe de biblioip

EXPOSICIÓN "O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA"

Durante o mes de novembro tivemos exposta na Biblioteca de Infantil e Primaria esta mostra de debuxos cedida polo Museo do Humor de Fene.

“O humor e os dereitos da infancia" é unha exposición de humor gráfico na que se inclúe unha selección de debuxos de diferentes ilustradores/as de todo o mundo.

O obxectivo desta mostra é facernos reflexionar sobre o tema dos dereitos da infancia dende perspectivas tan diversas coma o xogo, o maltrato, o traballo infantil ou a alimentación, en relación coa infancia.

Queremos agradecer ao Museo do Humor as facilidades que nos deu para poder ter esta mostra no noso Centro.

 

 

Esta nova aparece tamén na fáxina de facebook do Museo do Humor.

https://www.facebook.com/museodohumorfene?ref=hl

Imaxe de biblioip

É TEMPO DE SAMAÍN

Neste mes vimos de celebrar o Samaín. Os corredores do edificio de Infantil e Primaria apareceron decorados con cabazas, bruxas, arañas, morcegos e toda clase de bichos e mosntros. Ata as portas das aulas se transformaron en terroríficos monstros!

Na Biblioteca puidemos atopar libros con historias que poñían un pouco de medo. E durante a "Hora de ler", cada día buscamos no corredor da biblioteca o libro que nos correspondía ler.

Distribuir contido


by Dr. Radut